Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 391 novas da C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda :
30/09/22 | 14:50  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Fernández-Tapias lamenta que Vigo perda a oportunidade de liderar o movemento municipal polo cambio climático

A delegada territorial da Xunta critica “o nulo compromiso” do alcalde neste eido, que non chegou a presentar o preceptivo Plan de Acción pola Enerxía Sostible cando formaba parte do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía

30/09/22 | 13:23  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta intercambia experiencias sobre a xestión de espazos naturais nun foro internacional en Málaga

Belén do Campo subliña a importancia de que administracións e representantes de sectores produtivos, económicos e entidades ambientais busquen xuntos solucións para harmonizar o desenvolvemento de cada territorio coa protección da súa biodiversidade

30/09/22 | 13:08  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Un proxecto innovador da Xunta e da USC sitúa a Meteogalicia á vangarda mundial na difusión de información clara e accesible sobre a calidade do aire

A proposta, que xa recibiu varios premios internacionais, baséase na aplicación de técnicas de intelixencia artificial para xerar de forma automática textos explicativos
 

30/09/22 | 12:59  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta e o sector inmobiliario impulsan o programa vivendas vivas para incorporar inmobles sen uso ao mercado do alugueiro a prezos asequibles

Os axentes inmobiliarios e os administradores de fincas poderán inscribirse como entidades colaboradores partir do próximo martes despois de que o luns saia publicada a resolución que regula este programa no Diario Oficial de Galicia

29/09/22 | 17:21  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Unión Europea selecciona Galicia para formar parte da misión de adaptación ao cambio climático

 Ángeles Vázquez salienta que a Comunidade terá a oportunidade de situarse á vangarda na mitigación deste fenómeno compartindo experiencias e aproveitando sinerxías con outras rexións

29/09/22 | 14:05  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Galicia, Estremadura e País Vasco entregan ao Goberno central o manifesto pola seguridade xurídica do planeamento urbanístico que apoian 13 comunidades

Trátase dun documento consensuado durante o encontro autonómico Xacobeo 21-22 organizado pola Xunta en Santiago o pasado mes de marzo

28/09/22 | 14:58  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta anima aos concellos costeiros a implicarse na redacción da futura Lei de ordenación do litoral en defensa dos seus intereses

Ángeles Vázquez considera necesario impulsar unha norma propia neste eido para responder aos “continuos ataques” do Goberno central aos intereses da costa galega
 

27/09/22 | 15:03  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A nova Lei de áreas empresariais de Galicia, pioneira a nivel estatal, permitirá axilizar, simplificar e flexibilizar a planificación e creación de solo

A normativa aprobada hoxe ten como obxectivo dotar a Comunidade de espazos empresariais competitivos, funcionais e totalmente equipados, garantindo o equilibrio entre o uso sustentable do territorio e a actividade económica

27/09/22 | 13:44  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta adxudica máis de 21.000 m2 de solo no parque das Gándaras, con bonificacións por importe de 1 M€

A empresa pública Xestur adxudicou esta mañá 7 parcelas en réxime de compravenda por un prezo de preto de 1,3 millóns de euros, unha vez aplicada xa a bonificación

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: