Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.155 novas:

18/04/2024 | 16:31 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca o papel do Igafa na formación de profesionais no ámbito dos cultivos mariños e como provedor de semente para o sector

Nestas instalacións contan con 1,5 millóns de unidades de ameixa babosa en tamaño larvario, outros 2 millóns que superan o milímetro que se suman as 10.000 unidades que serán entregadas proximamente ás confrarías da zona

18/04/2024 | 16:28 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Pacios

O lume afectou unha superficie de 65 hectáreas, das cales 50 corresponden a monte raso e as 15 restantes a arborado

18/04/2024 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a celebración da XV Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto, que nesta edición amplía programa e participación de artesáns

A cita foi presentada pola secretaria territorial da Xunta en Lugo, quen destacou a implicación de Artesanía de Galicia no evento co obxectivo de poñer en valor estes oficios tradicionais

18/04/2024 | 14:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a execución das obras do aparcadoiro provisional do novo Hospital Público da Coruña nas que inviste máis de 386.000 €

Este aparcadoiro suplirá as prazas de estacionamiento para traballadores do hospital afectadas polas obras en execución da Torre Polivalente e pola demolición do Hotel de Doentes

18/04/2024 | 14:11 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda destaca que a Xunta lanzará nunhas semanas a orde de axudas para cubrir os primeiros gastos veterinarios tras adoptar un animal de compañía abandonado

Anima a cidadanía a adoptar porque estes animais “merecen unha segunda vida” e porque unha Galicia “con máis mascotas será unha Galicia mellor”

18/04/2024 | 14:00 | C. de Sanidade

Os servizos de anxioloxía e cirurxía vascular do Sergas rexistran a menor demora do Sistema Nacional de Saúde

Segundo o último informe publicado polo Ministerio de Sanidade, o sistema sanitario público galego rexistra nesta especialidade unha espera media de 51 días, o mellor dato de todo o territorio nacional

18/04/2024 | 13:49 | C. do Medio Rural

A Xunta e produtores traballan na optimización do cultivo da pataca de calidade, con formacións en Coristanco e Xinzo

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou esta mañá na apertura desta xornada no concello coruñés, enmarcada nas accións formativas organizadas pola Consellería do Medio Rural

18/04/2024 | 13:45 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta promocionará a calidade diferenciada dos produtos alimentarios galegos da man de preto de 60 empresas no Salón Gourmets de Madrid

O Goberno autonómico, coa súa presenza en eventos deste tipo, reforza o seu compromiso pola posta en valor destes produtos

18/04/2024 | 13:37 | C. de Política Social e Igualdade
18/04/2024 | 13:33 | Axencia de Turismo de Galicia

O Centro Superior de Hostalería de Galicia refórzase como formador internacional coa capacitación de 20 novos directivos hoteleiros de Arxentina

En colaboración coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica de Arxentina (FEHGRA) realízase estes días formación específica para profesionais do país