Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.183 novas:

19/04/2024 | 15:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta a importancia do programa Galicia Camiño Emprendedor para dar un pulo a negocios de hostalaría e aloxamento vencellados á ruta Xacobea

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, percorreu hoxe a segunda etapa da iniciativa autonómica de apoio aos autónomos, que discorreu entre Fisterra e Muxía

19/04/2024 | 15:26 | C. de Economía e Industria

A Business Factory Aero da Xunta é recoñecida como a mellor aceleradora avanzada de España no ranking Funcas 2024

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe no acto de presentación do Informe Funcas 2024, poñendo en valor o ecosistema de innovación galego e destacando o espírito de “colaboración” do programa

19/04/2024 | 14:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta subvenciona con 270.000 euros 30 proxectos de escrita de guións para novas películas e series

Publícase a resolución desta nova convocatoria, que se incorporou este ano ao programa anual de axudas ao audiovisual galego

19/04/2024 | 14:39 | C. de Facenda e Administración Pública

O sector tecnolóxico galego xerou preto de 4.000 postos de traballo nos últimos cinco anos

Roza xa os 23.000 empregos directos na Comunidade e mantense no quinto posto do Estado en número de empresas, con 3.140

19/04/2024 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza a colaboración con Stellantis Vigo na aposta por unha FP innovadora e adaptada ao tecido produtivo e á demanda de talento profesional

Trátase de acordos para programas duais nas especialidades de Mecatrónica, Robótica Colaborativa e Vehículos Híbridos/Eléctricos

19/04/2024 | 14:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta potencia a música actual en galego na I Edición do festival “Aquí tamén se fala”

Terá lugar o 7 de xuño na Coruña e reunirá sobre un mesmo escenario artistas do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria

19/04/2024 | 14:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 293.000 € a reparación de dúas obras de drenaxe transversal nas estradas PO-542 e PO-313 ao paso polos concellos de Pontevedra e de Marín

Trátase de actuar no treito da PO-542 Ponte Bora-O Pino, á altura do quilómetro 0+850, en Pontevedra; e na PO-313, á altura do punto quilométrico, 5+900, no treito Pardavila-Broullón, en Marín

19/04/2024 | 14:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

José López inaugura a Feira do Libro de Ferrol, a primeira dun circuíto que vai chegar a 13 cidades e vilas de Galicia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude salientou a “prioridade especial” que o Goberno galego lles dá ao libro e á lectura, que erixe como “vía de expansión” da identidade e da cultura