Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.262 novas:

23/04/2024 | 17:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta que os certificados de aforro enerxético supoñen unha oportunidade para avanzar na descarbonización da economía

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou nunha xornada sobre esta materia organizada pola asociación A3E

23/04/2024 | 15:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha vintena de centros escolares compiten para representar a Galicia na fase nacional do programa de satélites da Axencia Espacial Europea

O aeródromo das Gaivotas, en Cerceda, acolle o lanzamento de Cansat, no que participan 23 equipos e máis de 140 alumnos

23/04/2024 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reúnese cos axentes sociais e económicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para avanzar no estatuto do traballador transfronteirizo

Foi a primeira reunión técnica deste grupo de traballo, que entregará o traballo aos gobernos de España e Portugal antes do próximo Cumio Ibérico do mes de outubro

23/04/2024 | 15:06 | A Presidencia da Xunta

A Semana Santa consolida a crecente mellora da rendibilidade hoteleira, que medrou un 15% en marzo

Ademais, Galicia medrou por riba da media na súa demanda turística ese mes

23/04/2024 | 14:56 | C. do Mar

A Xunta afonda na internacionalización dos produtos pesqueiros coa promoción da calidade e sabor do peixe e marisco galegos na Seafood Expo Global

O titular de Mar visitou o stand da Consellería do Mar no que están presentes 38 empresas expositoras que dispoñen dun centro de negocio no que manter encontros con potenciais clientes

23/04/2024 | 14:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta celebra o Día do Libro con actividades culturais nas bibliotecas e tamén con libreiros, escolares e cativada de pediatría hospitalaria

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita a carpa da Agrupación de Libreiros de Ourense e participa nas accións creativas na Ínsua dos Poetas con estudantes de centros de Infantil, Primaria e Secundaria da comarca do Carballiño

23/04/2024 | 14:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda destaca que a excelencia do sistema de investigación de Galicia sitúa á comunidade coma un referente nacional e internacional

Subliña a aposta do Goberno autonómico coa Ciencia ao incorporar esta competencia na Consellería de Educación, Universidades e FP

23/04/2024 | 14:45 | Axencia de Turismo de Galicia

Sanxenxo renovará o sendeiro do río Pintillón e o acceso á praia de Panadeira grazas a unha achega de preto de 130.000 euros da Xunta

O delegado territorial visitou o sendeiro que percorre a praia de Areas para anunciar as axudas outorgadas en toda a área territorial

23/04/2024 | 14:42 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Caroi

O lume iniciouse ás 1,06 horas desta madrugada e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas