Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.232 novas:

23/04/2024 | 10:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa o emprego rural mediante o apoio á contratación de máis de 400 persoas desempregadas nos concellos galegos

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a notificar a resolución da orde Aprol Rural á que se destinan este ano sete millóns de euros para dinamizar o emprego de proximidade e mellorar as oportunidades de persoas desocupadas

23/04/2024 | 09:26 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas

22/04/2024 | 21:11 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o compromiso da Xunta coa investigación sanitaria ao case triplicar o investimento neste eido desde 2020

Os orzamentos deste ano reservan 6,3 M€ a este eido, un 10 % máis que no 2023

22/04/2024 | 19:40 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello coruñés de Rois, parroquia de Herbogo

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

22/04/2024 | 19:34 | C. do Mar; C. do Medio Rural

Galicia presume en Gourmets da calidade dos seus produtos do agro e do mar e resalta que carnes, peixes, mariscos e conservas son a base dunha dieta saudable

Alfonso Villares aposta por reforzar a promoción para acadar novos récords nas exportacións dos produtos do mar como o de 2023 e insta a favorecer o consumo interno coa rebaixa do IVE duns alimentos que melloran a calidade de vida

22/04/2024 | 19:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez agradece a Espido Freire a súa contribución á reflexión sobre o uso das tecnoloxías

A iniciativa forma parte do programa do ciclo de Cultura Científica impulsado pola Xunta de Galicia en torno á dixitalización e o seu uso nas aulas

22/04/2024 | 17:17 | A Presidencia da Xunta

O delegado territorial entrega os carnés a 35 efectivos da Protección Civil

O acto involucrou ás agrupacións de Dozón, Caldas de Reis, Cerdedo-Cotobade, Lalín, Moraña, Poio, Tui, Valga e Vilanova de Arousa

22/04/2024 | 17:15 | A Presidencia da Xunta
22/04/2024 | 17:05 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca a posta en marcha de 166 novas prazas públicas para o coidado de persoas con discapacidade

Destaca que esta medida facilitará que os usuarios e as súas familias sexan atendidos na súa contorna, sen necesidade de que teñan que facer longas distancias

22/04/2024 | 17:00 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda anuncia que arrancan os trámites para facer efectiva a matrícula gratuíta para todos os estudantes de grao universitario e de ensinanzas artísticas superiores a partir do vindeiro curso 2024-25

Salienta que, deste xeito, o acceso ao ensino público en Galicia “será totalmente gratis”  desde as escolas infantís ata rematar unha carreira