Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.133 novas:

17/04/2024 | 19:44 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia de A Pereira

O lume iniciouse ás 18,30 horas de hoxe e afecta unha superficie de 2,5 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

17/04/2024 | 18:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza na elaboración do plan director do sector TIC

Lorenzana convida a Ineo a facer as súas achegas a este plan, que estivo en fase de consulta pública ata o pasado 8 de abril

17/04/2024 | 17:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta apela á colaboración entre administracións e á responsabilidade cidadá para conseguir reducir a mortalidade nas estradas galegas

Menéndez traslada a preocupación ante unha posible relaxación dos usuarios das estradas ante normas básicas de circulación como o uso do cinto de seguridade, así como polos grupos organizados en redes sociais para evitar controis de velocidade, alcohol ou drogas

17/04/2024 | 16:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete a participación pública o Plan de conservación do espazo natural de interese local Torre de Hércules

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se abre un período dun mes a contar desde mañá para que as persoas interesadas poidan facer aportacións e suxestións ao documento

17/04/2024 | 16:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza o inicio da tramitación para o cambio de uso de solo para permitir a construción de 500 vivendas protexidas en Xuxán

María Martínez avanza que a Xunta destinará este ano máis de 37 M€ a axudas para mellorar a eficiencia enerxética nas vivendas galegas

17/04/2024 | 16:53 | C. do Mar

Alfonso Villares pon en valor o papel dos depuradores de moluscos na distribución e venda do mellor marisco galego nos mercados

O titular de Mar trasladou o apoio da Xunta a un sector esencial para a cadea mar-industria cun importante peso na economía galega e cunha facturación media anual de preto de 450 millóns de euros ao ano

17/04/2024 | 15:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz felicita á dirección do Conservatorio profesional de música de Vigo tras converterse no primeiro de Galicia con acreditación “Erasmus+”

A delegada territorial da Xunta visitou este mércores o centro educativo no que se forman 560 estudantes e traballan 68 docentes