Actualidade
Buscador de novas
A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do protocolo entre a Agasp e o sindicato unificado de policía
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro actividades programadas para os meses de maio e xuño
Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas
O lume afectou unha superficie de 30,59 hectáreas, das cales 29,09 corresponden a monte arborado e as 1,5 restantes a raso
Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño
O lume afectou unha superficie de 130 hectáreas, das cales 124 corresponden a monte arborado e as 6 restantes a raso
A Xunta colabora na II Copa de Marcha Nórdica que se desenvolverá polo adarve da muralla de Lugo con récord de atletas, entre eles varios campións de España e de Europa
O evento ten un importante carácter solidario, xa que o 20 % do custo da inscrición se doará á asociación Somos Unidos Contra el Cáncer
A Xunta inicia os traballos da parcelaria de Guilfrei, en Becerreá, que reordenará 441 hectáreas cun orzamento de 1,3 M€
Hoxe visitaron a zona representantes da Consellería do Medio Rural e da empresa contratada para elaborar as bases e o plan de ordenación de predios de especial vocación agraria
Controlado o incendio forestal do concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de 32 hectáreas
Alfonso Villares aborda con representantes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación as principais demandas pendentes co sector pesqueiro
O titular de Mar pediu claridade ao Goberno central sobre a tramitación da zona catastrófica e as axudas aos profesionais afectados pola alta mortaldade de bivalvos causada polos extraordinarias precipitacións no outono
Rueda compromete o apoio do Goberno galego ao sector da automoción para seguir aumentando a súa competitividade e a creación de emprego
Evidencia a necesidade de que desde o Goberno nacional cheguen os fondos PERTE para poder levar a cabo todas as axudas prometidas
A Xunta úrxelle ao Goberno central a avanzar de xeito decidido na execución do Corredor Atlántico
Lamenta que o Goberno galego non recibise comunicación da presenza hoxe do comisionado nos portos da Coruña e de Ferrol para poder abordar as necesidades nestas infraestruturas estratéxicas nas conexións do noroeste peninsular