Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.299 novas:

24/04/2024 | 15:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reivindícase como administración facilitadora do emprego con políticas de apoio, acompañamento e retorno para o traballo por conta propia e allea

José González comprometeuse á “escoita activa” e a reforzar a colaboración público-privada e convocará en datas próximas os foros do diálogo social, da economía social e do comercio para avanzar na resposta da Administración aos retos económicos 

24/04/2024 | 15:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reformará as fiestras do comedor do CEP Campolongo para mellorar a eficiencia enerxética do centro

O delegado territorial conversou co equipo directivo do centro, quen lle transmitiu a súa satisfacción pola licitación desta obra

24/04/2024 | 15:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Os Náufragos Teatro viaxa á Habana co apoio da Xunta para representar “Hugo” no congreso da Asociación Internacional de Teatro para a Infancia e a Mocidade

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu a Gustavo del Río, autor e director desta obra que fala da empatía e da beleza da diferenza a través da relación entre un rapaz con trastorno do espectro autista e a súa amiga

24/04/2024 | 14:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca na Universidade da Coruña a súa aposta pola economía social como modelo solidario que xera riqueza e emprego pegados ao territorio

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na charla ‘A economía social como impulso do emprendemento’ para dar a coñecer esta fórmula entre o alumnado da UDC

24/04/2024 | 14:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O protocolo de colaboración en materia de política lingüística elixe de novo Santiago para celebrar a súa reunión anual

Os representantes de Galicia, País Vasco, Illas Baleares, Navarra, Cataluña e a Comunidade Valenciana xúntanse na capital galega para facer un seguimento e coordinar accións conxuntas arredor das linguas cooficiais do Estado

24/04/2024 | 14:35 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta catro traballos de investigación nun encontro nacional sobre viticultura e enoloxía

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, participa na 36ª edición Grupo de Traballo de Experimentación en Viticultura e Enoloxía que se celebra en Logroño

24/04/2024 | 14:33 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o campionato do mundo de Endurance que converterá Sanxenxo esta semana en epicentro mundial da motonáutica

O secretario xeral para o Deporte destacou o potencial de Galicia como sede de eventos internacionais da motonáutica e, en xeral, para acoller probas deportivas de primeiro nivel en todo tipo de disciplinas

24/04/2024 | 14:06 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas