Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 5.233 novas:
05/12/22 | 20:15  | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Xuventude

Rueda resalta que Galicia é referencia en España na prestación de servizos que garanten a atención aos maiores no rural

Subliña que a comunidade é líder nacional no Servizo de Axuda no Fogar e conta con programas como Coidados Porta a Porta ou a rede de Casas do Maior
 

05/12/22 | 20:00  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos máis de 1M€ en actuacións no barrio de Santa Lucía de Santiago dos Cabaleiros, en República Dominicana, a prol dunha educación de calidade e inclusiva que contribúa á inserción laboral da xuventude

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, visitou os responsables da Fundación Balms para a infancia e os seus socios locais, a Fundación Solidariedade e o Centro Integral para o Desenvolvemento Local

05/12/22 | 18:27  | C. do Medio Rural

A Xunta detecta catro novos casos de gripe aviaria en gaivotas localizadas en Galicia

Os novos casos positivos corresponden a catro individuos recollidos nos concellos de Sada (A Coruña) e Xove (Lugo), que foron trasladados aos respectivos Centros de Recuperación de Fauna Silvestre provinciais
 

05/12/22 | 17:36  | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a implicación de toda Galicia e o traballo coordinado do nodo como claves para a designación da Coruña para acoller a AESIA

A presenza da sede en Galicia reforzará os obxectivos da Estratexia Galicia Dixital 2030 de atraer infraestruturas e entidades de referencia, así como de reter e atraer talento dixital
 

05/12/22 | 16:13  | C. do Medio Rural

A Xunta insiste en reclamar flexibilidade na aplicación ambiental da PAC para garantir a sustentabilidade económica do sector primario

José González puxo en relación esa sustentabilidade das explotacións coa autosuficiencia alimentaria
 

05/12/22 | 15:56  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta destina preto de 1,5 M€ a actuacións de conservación e mellora no Parque Natural do Invernadeiro

Algo máis de 1 M€ destínase a obras de rehabilitación enerxética das edificacións do complexo do Centro de recepción e interpretación do parque
 

05/12/22 | 15:31  | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta reforza o servizo do ‘Xacobeo Transfer’ entre A Guarda e Caminha tras superar os 7.000 usuarios de 40 países desde a súa posta en marcha

Destaca que as cifras turísticas de récord deste ano están beneficiando ao conxunto do territorio

05/12/22 | 14:43  | C. de Política Social e Xuventude

A Xunta recoñece os mellores traballos en moda e deseño de xoias do programa Xuventude Crea 2022

O santiagués Brais Albor Rodríguez obtivo o primeiro premio en Moda pola súa crea-ción ‘Touro Galego’; e a obra titulada ‘Tick-Tock Collection’, de Rebeca García Martí-nez, da Pobra do Caramiñal, gañou na categoría de Deseño de Xoias

05/12/22 | 14:37  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta comezará na primavera a reordenación da contorna da antiga estación de autobuses de Santiago, cun investimento de 36,2 M€ na Cidade de San Caetano e na reforma da rúa Rodríguez de Viguri

Vázquez Mourelle explica que os 33,8 M€ da contratación das obras da 1ª fase se incrementan ata os 34,6 M€ tendo en conta a redacción do proxecto, un investimento público que axudará á dinamización da economía e levará aparellados máis de 500 empregos
 

05/12/22 | 14:30  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a FEGAMP acordan incrementar as vías de acceso á profesión de socorrista para facilitar a prestación do servizo nos concellos

Tras varias xuntanzas de traballo, o acordo pechouse hoxe nun encontro no que participaron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, xunto co presidente e os vicepresidentes da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), así como representantes das universidades galegas e de entidades relacionadas coa materia

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: