Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recoñecerá a excelencia de 23 titulados de FP de grao superior cos premios extraordinarios
O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria destes galardóns, dirixidos aos estudantes que remataron o ciclo no ano 2023
O programa ReAcciona abre unha nova convocatoria ofrecendo ás pemes galegas servizos avanzados para mellorar a súa competitividade
A partir do 1 de abril, os interesados poden presentar as súas solicitudes para optar a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a mellora da xestión financeira, a optimización dos procesos de produción ou a innovación
A Xunta destaca o papel da Mostra do Encaixe como exemplo de actualización dos oficios artesanais tradicionais
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na inauguración da edición número 33 deste evento que se celebra en Camariñas ata o día 31 de marzo e que constitúe un escaparate do encaixe e da súa vinculación con outros ámbitos entre os que destaca o da moda
A Xunta destaca o compromiso do Goberno autonómico coas empresas agroalimentarias que apostan pola dinamización do rural dun xeito sostible e innovador
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitou hoxe as instalacións da firma Orballo no concello de Paderne, dedicadas á produción de té ecolóxico
A produtora Matriuska Filma co apoio da Xunta o documental “Hoxe e o resto do mundo” sobre a historia de Sargadelos
O filme grávase nas provincias da Coruña e Lugo cunha subvención de máis de 77.000 euros por parte da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades
Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos de Galicia ao longo de todo o ano
Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía” e contribúe a facer “marca Galicia”
As escolas náuticas de Ferrol e Vigo formarán por primeira vez a trinta futuros oficiais de ponte a través da rede
Cunha duración de 80 horas, estes dous cursos de teleformación permitirán o aumento de atribucións para os posuidores do título de patrón costeiro polivalente