Actualidade
Buscador de novas
Buscador de novas
23/03/23 | 14:20 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades A Xunta investirá máis de 200.000 € na instalación de tres ascensores en dous centros educativos do concello de Narón Estes novos servizos instalaranse no CPI do Feal, onde se colocarán dous ascensores, e no CEIP A Gándara, onde o proxecto inclúe o acondicionamento dun aseo adaptado con cambiador na planta baixa“Estes investimentos son un exemplo do compromiso da Xunta cunha educación pública de calidade que pasar pola mellora das instalacións coa fin de garantir que os escolares dispoñan duns espazos confortables, seguros e sostibles nos que desenvolver a súa aprendizaxe”, indicou a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina AneirosA través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, no que se enmarcan estas actuacións, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ten actualmente en marcha en centros das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, obras valoradas en preto de 5 M€
23/03/23 | 13:54 | C. de Política Social e Xuventude
A Xunta inaugura o congreso Mo_Cidade con tres xornadas de formación e actividades para a xuventude
O Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco) acollerá este evento ata o sábado Contará con mesas redondas, conferencias, concertos, monólogos de humor e obradoiros
23/03/23 | 13:37 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
A Xunta aposta por intensificar este ano a cooperación transfronteiriza e a mobilidade académica na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu a sesión da Asemblea e o Consello Superior da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, na que se estableceron as liñas de actividade para 2023Continuarase coa reclamación do Estatuto do Traballador Transfronteirizo e da mellora urxente das conexións ferroviarias, coa firme aposta polo tren de alta velocidade Vigo-Porto
23/03/23 | 13:34 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Fernández-Tapias salienta a traxectoria da Vig-Bay como exemplo dos “valores da cidade” e celebra o seu título de Vigués Distinguido 2023
A delegada da Xunta en Vigo participou na presentación da vixésima segunda edición da proba, que recibirá este mesmo xoves o galardón da cidade“A Vig-Bay é símbolo do esforzo, superación, diversidade e solidariedade, o mellor exemplo de que a colaboración é a fórmula para avanzar”
23/03/23 | 13:05 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta destaca que a Cidade da Xustiza de Vigo anticípase ao Plan Xustiza 2030 ao cumprir todas as características requiridas para as futuras sedes xudiciais sustentables O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, explicou hoxe no Parlamento galego que o novo edificio unifica nun só inmoble todos os órganos xudiciais da cidade e ten un deseño que aposta pola eficiencia enerxética e a accesibilidadePuxo en valor que o traslado ao novo edificio foi consensuado e cumpríronse os prazos, pese a tratarse dun proceso complexo ao mudarse xulgados que tiveron que adaptar a tramitación en papel á dixital