Actualidade
Buscador de novas
Buscador de novas
23/03/23 | 12:41 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Xuventude
A Xunta mantén a casa niño de Dozón por sexto ano consecutivo cunha achega de case 25.000 €
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde, Adolfo Campos, visitaron esta mañá o centro Pequeniños, dirixido por Ylenia Varela e que ten completas as súas cinco prazas de atención infantil para cativos de 0 a 3 anosA Consellería de Política Social e Xuventude outorgou 15.000 € para o investimento inicial orientado ao acondicionamento da antiga casa do conserxe do CEIP Pío Cabanillas e unha partida anual que oscila entre 20.000 € e 25.000 € para os seus gastos de funcionamentoO departamento autonómico ten aberta ata mañá a nova convocatoria para a apertura de dez casas niño máis en toda Galicia, co obxectivo de alcanzar as 105 en toda a Comunidade, cun orzamento global de 900.000 €
23/03/23 | 12:41 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade; C. de Infraestruturas e Mobilidade
A Xunta e o Concello de Sarreaus rematan a reforma da cuberta do centro de saúde municipal
Substituíuse o material da cuberta existente para aumentar o illamento térmico da envolvente
As actuacións tiveron un orzamento de mais de 30.000 euros froito dun convenio entre Xunta e o Concello de Sarreaus
Dende o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total de 112 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre máis de 75.000 metros cadrados
22/03/23 | 20:31 | C. de Política Social e Xuventude
A Xunta destaca o traballo de Down Compostela na gala de entrega dos premios da entidade
Fabiola García agradeceu aos galardoados que fagan de Santiago unha cidade máis integradora na que todas as persoas poden levar unha vida participativa, autónoma e plena
22/03/23 | 20:30 | A Presidencia da Xunta; Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación
Rueda destaca o bo comportamento do sector galego da automoción, que pechou 2022 coa cifra de negocios no seu nivel máis alto e con récord de exportacións
Reclama que Stellantis Vigo poida acceder á nova convocatoria do Perte do vehículo eléctrico e conectado, tras quedarse sen asignar máis de 2.000 M€ de fondos europeos na primeira ediciónSolicita do Goberno central un trato xusto con Galicia, tendo en conta que a industria da automoción contribúe a que España sexa o segundo país produtor de Europa
22/03/23 | 20:10 | C. de Promoción do Emprego e Igualdade
Lorenzana ve na 1ª feira de emprego do Campus de Ourense unha oportunidade para dar coñecer os recursos formativos e de emprendemento da Xunta
22/03/23 | 19:21 | A Presidencia da Xunta; Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Rueda pon en valor a Cidade da Xustiza de Vigo como símbolo do compromiso da Xunta cunhas infraestruturas xudiciais funcionais e de calidade
Subliña que coa transformación do edificio coñecido como Pirulí na Cidade da Xustiza asumiuse o reto de ofrecer aos cidadáns unhas instalacións que xa son un referente mundial no eido das infraestruturas xudiciaisApunta que a publicación recolle o proceso desde a construción do rañaceos a mediados do século XX ata o actual traslado das unidades xudiciais, un capítulo fundamental na historia contemporánea de Vigo
22/03/23 | 19:11 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta activa unha alerta laranxa para mañá por temporal costeiro Agárdase mar combinada do oeste ou noroeste con ondas de ata 6 metrosAconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese