Actualidade
Buscador de novas
Buscador de novas
11/01/23 | 19:25 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Fernández-Tapias e Anxo M. Lorenzo entregan os premios de Socios de Honra da Biblioteca Compañel de Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo e o director xeral de Cultura participaron este mércores nos actos con motivo do Día do Usuario/a das BibliotecasTamén asistiron a unha sesión de contacontos con Trinketrinke Teatro coa peza O cole de Lonxedetodo, dirixido a nenos maiores de 4 anos
11/01/23 | 18:10 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
O I Torneo Nacional de Pádel en cadeira de rodas amosa o crecemento do deporte adaptado en Galicia con xogadores como Bernabé Costas ou Alberto Abalde
Será puntuable para a Copa de España de Pádel adaptado e terá lugar no Twelve Padel Zenter de Vigo entre o 27 e o 29 de xaneiro
11/01/23 | 17:19 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación
Conde ratifica o compromiso da Xunta co sector do comercio en Galicia
Conde tamén visitou dous establecementos comerciais, Ginzo Hombre-Mujer e ¡Hola! Ola, onde destacou as cifras do Bono Activa Comercio no concello de Ribadeo, con 105 establecemento adheridos e un investimento mobilizado de máis de 192.000 eurosInforma de que está aberta a primeira convocatoria do fondo tecnolóxico para o comercio, xestionado pola Xunta, que destina 2,7M€ en axudas para fomentar o emprego de novas tecnoloxías no sector
11/01/23 | 15:13 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta reforzará este ano o equipamento de 13 GES da comunidade O Goberno galego fará entrega de 6 furgonetas de servicios varios, 5 camións Bomba Rural Pesada (BRP) e 4 equipos de excarceración, entre outro materialEste material de emerxencias distribuirase entre os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) con sedes en Mugardos, Padrón, Ortigueira, Ponteceso, Curtis, Friol, Monterroso, Muíños, A Gudiña, A Veiga, Ribadavia e Mos, así como o servizo municipal Terras de CelanovaO Goberno galego investirá máis de 2M€ neste equipamento, no marco dos máis de 24M€ destinados nos últimos anos en material cedido aos GES e aos servizos de Protección Civil
11/01/23 | 15:03 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación
A Xunta subliña que o futuro de Alcoa pasa por conseguir un prezo competitivo
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión co comité de empresa de Alcoa para abordar o seu futuroÉ precisa unha folla de ruta específica por parte do Goberno para a industria electrointensiva co obxectivo de garantir un marco enerxético estable