Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 5136 novas da área temática Áreas temáticas :

09/09/22 | 13:29  | C. de Infraestruturas e Mobilidade A Oficina Técnica da Seca constata un leve incremento dos caudais dos ríos, que continúan un 32% máis baixos que a media da última década Cómpre manter a contención do consumo, xa que os caudais non están estabilizados, a pesar da suba con respecto ao 22 de agosto, cando se situaban un 34% por debaixo da media
 
Constátase unha leve mellora na zona da Mariña luguesa, aínda insuficiente para superar o estado de seca prolongada na que se atopa
 
Actívase a prealerta por escaseza de auga no sistema do río Mero, Arteixo e ría da Coruña, pois o volume do encoro de Cecebre descendeu ata o 54%, 10 puntos menos que hai quince días
 
O abastecemento nesta área estaría garantido pola auga do lago da antiga mina de Meirama, que ten un volume de 150 hm³, unha gran reserva sobre o encoro de Cecebre, que ten 20 hm³
 
Mantense a prealerta nos sistemas do río Lérez e ría de Pontevedra; no Tambre e ría de Muros e Noia; na bacía do río Grande e dos que acadan a ría de Camariñas; e na conca do río Anllóns
 
Continúan os valores de prealerta por escaseza nos subsistemas de Zamáns e Baiona, que abastecen a Nigrán, Baiona e Gondomar, ademais dunha pequena parte do concello de Vigo
 
A Xunta reitera o chamamento ao consumo responsable de auga, coa adopción de medidas como a restrición de regas, a limitación do enchido das piscinas ou a reutilización, xa que a situación de seca prolongada só pode superarse con chuvias tamén prolongadas

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear