Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 5085 novas da área temática Áreas temáticas :

31/08/22 | 15:47  | C. de Infraestruturas e Mobilidade A Lei de mellora do ciclo integral da auga, que entrará en vigor mañá, permitirá aos concellos blindar os seus sistemas de abastecemento fronte á seca con apoio da Xunta A Xunta e os municipios da marxe dereita da ría de Arousa traballan xuntos para afrontar con maiores garantías o abastecemento a unha poboación de preto de 93.000 habitantes
 
Ethel Vázquez salienta que este é o único dos grandes sistemas de abastecemento xestionado pola Xunta, porque así llo encomendaron de xeito voluntariado os concellos en 2004
 
O obxectivo de cara ao futuro é impulsar actuacións de ampliación na potabilizadora de Padrón, que explota a Xunta para tratar a auga captada do Ulla e serve a 10 concellos, para blindar o abastecemento e reforzar o abastecemento a Vilagarcía de Arousa
 
A conselleira salienta que a Lei do ciclo integral da auga axudará aos concellos na xestión dunhas competencias municipais complexas, mellorando os servizos que se lles prestan aos cidadáns e contribuíndo ao coidado dos ríos e rías
 
Subliña que a nova norma, á que os concellos poderán adherirse de forma voluntaria encomendándolle a Augas de Galicia a xestión dos seus servizos da auga, suporá unha maior profesionalización e menores custos ao aplicar as economías de escala
 
Tamén contribuirá a evitar fugas nas redes municipais de abastecemento, que supoñen, de media, un 40% e que incluso poden superar o 60% nos concellos máis pequenos, de menos de 2.000 habitantes

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear