Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 75 novas da área temática Novas tecnoloxías :
22/09/23 | 14:20  | Consellería de Economía, Industria e Innovación

Lorenzana destaca o posicionamento da automoción galega en México pola súa capacidade tecnolóxica para ampliar a oferta de servizos

Considera que a industria do automóbil é un dos ámbitos onde máis posibilidades existen para seguir ampliando as relacións comerciais con México

20/09/23 | 16:04  | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP acolle un curso superior organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sobre protección de datos dirixido a persoal empregado público

Participan 70 persoas que recibirán formación tanto dende un punto de vista técnico xurídico como dende unha visión práctica

15/09/23 | 13:05  | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Julián Cerviño defende o papel da Xunta na especialización de Galicia no desenvolvemento dunha intelixencia artificial humanista

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participou, está mañá, nunha mesa redonda sobre os “desafíos e oportunidades na transformación dixital”, con motivo do 50º aniversario da tecnolóxica Seresco na nosa Comunidade

15/09/23 | 12:16  | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta abre a consulta pública da futura lei de intelixencia artificial de Galicia

A futura norma busca, entre outros aspectos, crear un marco legal uniforme para o deseño, adquisición, implementación e uso de sistemas de IA na Administración xeral e do sector público autonómico, en liña cos valores e o marco normativo establecido polas institucións europeas.

12/09/23 | 11:45  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta recibe 3 ofertas para executar o Centro de Ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas

Os traballos, licitados por máis de 6 M€, permitirán construír este novo centro na parcela 3E da Tecnópole, cunha superficie útil de máis de 2.100 m²

09/09/23 | 11:40  | C. de Facenda e Administración Pública

Preto de 300 rapaces e rapazas participaron no programa de obradoiros de verán “Girl STEAM” para fomentar as vocacións TIC

A iniciativa, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, rematou esta semana tras celebrar 14 obradoiros na Rede CeMIT e dúas xornadas para incentivar a presenza das mulleres nas carreiras STEAM

08/09/23 | 15:01  | Consellería de Economía, Industria e Innovación

Lorenzana aborda co clúster TIC novas vías de colaboración para impulsar a transformación dixital da industria galega

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro con representantes desta entidade, coa que a Xunta coopera tamén en eidos como a internacionalización ou a formación

31/08/23 | 14:51  | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Rueda avanza que a Xunta aplicará a intelixencia artificial á administración educativa dixital para mellorar o éxito escolar e crear un expediente académico único

Lanza EdugalIA, un proxecto “pioneiro e innovador” que situará a Galicia á vangarda neste eido

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: