Actualidade
Rueda destaca a desestacionalización do Camiño de Santiago e o aumento de peregrinos estranxeiros durante este 2023
Salienta que ata finais de agosto entregáronse 310.000 compostelas, máis que no mesmo período de 2022 que foi ano Xacobeo e no que se bateron récords históricos
Rueda destaca o crecemento de Galicia como destino turístico logo de incrementarse en preto dun 10% o número de visitantes nos primeiros sete meses do ano
Pon en valor estas cifras récord de turistas e peregrinos en comparación co 2022 a pesar de non ser este 2023 Ano Xacobeo
A exposición 'Os camiños de Elías Valiña' peregrina ata Sarria para poñer en valor o traballo do cura do Cebreiro
O concello natal do gran revalorizador e estudoso do Camiño de Santiago, responsable da súa sinalización con frechas amarelas, acolle esta mostra didáctica na súa oficina de turismo
A Xunta e a Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés presentan o novo folleto turístico deste itinerario Xacobeo
O acto, celebrado na simbólica igrexa de Santa María a Real do Cebreiro, porta de entrada do Camiño Francés a Galicia contou coa participación do director de Turismo de Galicia, o delegado territorial da Xunta en Lugo e alcaldes dos concellos que conforman a Mancomunidade
A delegación territorial da Xunta en Lugo acolle unha nova edición da mostra de artes plásticas Expoperegrina
A Xunta participa na inauguración da exposición Os camiños de Elías Valiña na igrexa do Cebreiro
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou a gran labor levada a cabo polo sacerdote como estudoso e revalorizador do Camiño de Santiago
O albergue do Berbés bate todos os récords e duplica a súa ocupación no primeiro semestre de 2023
A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou o establecemento e indicou que no que vai de ano recibiu a máis de 4.600 peregrinos , cando en 2022 foron 2.300
Andalucía toma como modelo o Camiño de Santiago para desenvolver novas rutas ao Rocío
O director e o xerente de Turismo de Galicia, Xosé Merelles e Antonio Casas, respectivamente, mantiveron unha xuntanza con representantes de turismo da Junta de Andalucía
Diego Calvo recibe no Obradoiro a mozos e mozas da International Studies Foundation encabezados pola embaixadora de EE.UU. en España
A Xunta destaca a posta en valor e promoción do Camiño de Santiago a través da “Ruta Quetzal 2023”
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou hoxe á expedición en Vilanova de Arousa, onde os seus 200 mozos participantes practicaron o marisqueo a pé, visitaron a lonxa e partiron na ruta fluvial de Mar de Santiago ata Pontecesures