Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 4.748 novas:
27/01/22 | 21:02  | Vicepresidencia segunda e C. de Economía, Empresa e Innovación

A Xunta destaca a contribución dos premios AJE Ourense na construción dunha Galicia en positivo

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asegurou na entrega dos galardóns que o tecido empresarial está dando mostras da súa capacidade de resistencia e de adaptación aos cambios

27/01/22 | 20:33  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta pon en valor o traballo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para impulsar medidas de cooperación que melloren a vida da cidadanía

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou en Ponte da Barca (Portugal) na conferencia “Cooperación transfronteiriza: unha axenda de futuro”, onde animou a empregar os fondos europeos para facer unha Eurorrexión “máis competitiva, conectada e verde”

27/01/22 | 19:16  | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo

Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 13,49 hectáreas de monte raso

27/01/22 | 18:58  | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa e as 58 federacións comezan a preparar os procesos electorais de 2022, coincidindo cos Xogos Olímpicos de Inverno

As novidades incluídas no proceso “establecen unha serie de dereitos deberes, requisitos e condicións no desenvolvemento destes, co fin de conseguir unha participación maioritaria, plena e igual de todas as persoas que integran as federacións”

27/01/22 | 18:33  | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo

Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas

27/01/22 | 18:04  | A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza o labor dos medios galegos por facer un xornalismo útil, clave para manter unida á sociedade ante unha pandemia que illa e rompe os afectos

Resalta a responsabilidade dos medios galegos que, durante a covid, “informaron sempre con moita fiabilidade e sen dar espazo aos bulos”

27/01/22 | 17:44  | C. do Medio Rural

Estabilizado un incendio forestal no concello do Viana de Bolo, parroquia de Pradorramisquedo

Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas

27/01/22 | 16:25  | A Presidencia da Xunta

Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en Ferrol

27/01/22 | 16:05  | A Presidencia da Xunta; Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo; Vicepresidencia segunda e C. de Economía, Empresa e Innovación; C. de Infraestruturas e Mobilidade; C. de Emprego e Igualdade; C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Feijóo anuncia o nomeamento de Martina Aneiros como delegada territorial en Ferrol e incide no compromiso da Xunta coa comarca tras investir máis de 80 M€ en 2021

Anuncia que Ferrol Vello será a sexta Área Rexurbe da Comunidade con máis de 105.000 metros cadrados de superficie, 269 edificios e algo máis de 1.000 vivendas

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: