Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos de Galicia ao longo de todo o ano
Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía” e contribúe a facer “marca Galicia”
A Xunta implementa novas funcionalidades nas súas apps turísticas para facilitar o seu uso e planificación da viaxe
Xa se poden empregar actualizadas de cara a Semana Santa con melloras na súa xeocalización e coa incorporación de realidade aumentada nas que carecían dela
Turismo de Galicia comeza en Valdeorras a promoción da nova edición da "Primavera de portas abertas" nas rutas dos viños, que se celebrará en maio
Desde esta fin de semana organízanse viaxes de familiarización para unha vintena de bloggers e instagramers de enogastronomía e viaxes que suman 1 millón de seguidores
O turismo galego afianza a súa desestacionalización cun incremento de viaxeiros do 3% en febreiro
Coincidindo co mes do Entroido, hoteis e pensións aumentaron o número de viaxeiros e melloraron a rendibilidade, segundo o Instituto Nacional de Estatística
A Xunta lanza unha nova convocatoria de 14 bolsas de formación nas oficinas de información turística
O Diario Oficial de Galicia publica as bases desta edición para a que Turismo de Galicia destina un total de 90.000 euros para a realización de prácticas durante seis meses
A Unión Europea de Ciclismo recoñece o traballo da Xunta a prol deste deporte e do cicloturismo
O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, recolle o recoñecemento no transcurso da inauguración do congreso internacional que se celebra desde hoxe en Santiago
A Xunta promove esta fin de semana Galicia como destino sostible e de calidade na feira B-Travel
Turismo de Galicia conta cun expositor propio no certame turístico de referencia de Cataluña que se celebra en Barcelona desde hoxe e ata o domingo
A Xunta incrementa o apoio ás festas de interese turístico de Galicia cun investimento de 500.000 €
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria que amplía o apoio que recibirá cada concello beneficiario ata un máximo de 4.000 euros
A Xunta lanza un programa formativo en liña sobre o futuro da intelixencia artificial no sector turístico
Comezará o vindeiro mércores 13 de marzo e desenvolverase ata o 29 de abril
Arranca a nova temporada dos trens turísticos de Galicia coa primeira saída da Ruta da Camelia
Hoxe comeza o primeiro dos 14 itinerarios que circularán este ano por Galicia nesta iniciativa na que un ano máis colaboran a Xunta de Galicia, Renfe e o Inorde