Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 518 novas da C. de Infraestruturas e Mobilidade :
29/04/22 | 11:51  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

O Diario Oficial de Galicia publica o acordo para que os concellos, as deputacións, as universidades e as entidades do sector público poidan aplicar o real decreto lei estatal de revisión de prezos nas obras

O acordo, que produce efectos desde hoxe, ten como fin facilitar a viabilidade dos investimentos públicos en marcha na comunidade nun contexto de incremento extraordinario de prezos dos materiais da construción e de crise enerxética

28/04/22 | 19:18  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta publicará en vindeiras semanas a primeira memoria anual do Plan de Transporte Público, que duplicou liñas, paradas e servizos e incrementou a demanda, o que proba a boa aceptación dos usuarios

O director xeral de Mobilidade referiu que, sen contar os escolares do transporte compartido, en 2019 se realizaron 20,5 millóns de viaxes, caendo en 2020 a 11,1 millóns pola covid e subindo en 2021 a 14,4 millóns

28/04/22 | 15:43  | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Infraestruturas e Mobilidade; Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación; Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Feijóo avanza un investimento de arredor de 120 M€ en proxectos clave para Santiago como as ampliacións do CHUS e de San Caetano ou a aposta por unha mobilidade sostible

Salienta que a ampliación do CHUS, que contará cun investimento de 70 M€, permitirá ampliar nun 30% a superficie actual do hospital

28/04/22 | 14:59  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta aborda co concello de Ourense a nova senda peonil e ciclista que conectará a cidade de norte e sur e que suporá un investimento autonómico de 4,5 M€

Os representantes autonómicos e municipais compartiron os plantexamentos do itinerario e emprazáronse a continuar traballando conxuntamente no desenvolvemento do proxecto, impulsado ao abeiro dos fondos Next Generation de mobilidade

28/04/22 | 13:51  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta e o concello de Outeiro de Rei asinan a colaboración para executar a 2ª fase de mellora da rede de abastecemento municipal

Dáselle continuidade á 1ª fase de ampliación do abastecemento, que conecta a rede de distribución que leva a auga desde do depósito de cabeceira ata o polígono industrial da Matela, coa rede que se abastece da potabilizadora

28/04/22 | 13:35  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta xa renovou o firme nos accesos ao Hospital de Calde, en Lugo, e hoxe comeza coas melloras no HULA

O delegado territorial, Javier Arias, explica que no hospital Lucus Augusti reforzarase o pavimento dos viarios e do aparcamento da área de Urxencias

27/04/22 | 18:13  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

Ethel Vázquez destaca a mellora continua do transporte da Xunta, que ofrece 40 servizos ao día entre Negreira e Santiago e 24 durante a fin de semana

Vázquez Mourelle refírese aos axustes realizados en xaneiro na hora de saída de 5 expedicións das 26 coas que conta esta liña de luns a venres co obxectivo de lograr unha resposta máis eficaz ás necesidades dos usuarios

27/04/22 | 18:00  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta solicita á confederación Miño-Sil o inicio da tramitación ambiental para avaliar a viabilidade das medidas propostas para o abastecemento a Vigo e a súa declaración de interese xeral do Estado

Vázquez Mourelle indica que a Confederación Miño-Sil debe analizar de forma obxectiva e rigorosa a viabilidade ambiental das obras previstas no estudo de alternativas

27/04/22 | 14:35  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

Xunta e porto de Vigo inician a “transformación histórica” do Berbés coa licitación da nova senda peonil e ciclista

Marta Fernández-Tapias destaca a colaboración entre institucións para o fomento da mobilidade sostible na fachada marítima de Vigo

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: