Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 536 novas da C. de Infraestruturas e Mobilidade :
25/05/22 | 12:38  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade no Complexo Universitario Hospitalario de Ourense

Actúase nos accesos deste hospital público co fin de favorecer a mobilidade, tanto de pacientes como de todo o persoal sanitario

24/05/22 | 15:08  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta adxudica por máis de 260.000 € a redacción dos proxectos de 5 actuacións para reducir o risco de inundación nos concellos de Padrón e de Valga

Cinco empresas redactarán os proxectos construtivos, previstos pola Xunta no marco do Plan de xestión específico para a área fluvial dos ríos Ulla e Sar declarada de risco potencial de inundación, para minimizar o risco de asolagamento nestes dous municipios
 

24/05/22 | 14:15  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta colabora na promoción do Museo Galego do Ferrocarril, en Monforte de Lemos, cunha achega de 30.000 euros

O acordo ten como obxectivo o mantemento do patrimonio industrial ferroviario do museo, promocionar as actividades de exhibición dos seus fondos e difundir os beneficios socioeconómicos e medioambientais deste medio de transporte

24/05/22 | 13:38  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

Trenor supervisa o inicio das obras da senda peonil na estrada AC-413 entre Cerceda e Tordoia cun investimento de máis de 120.000€

Construirase unha senda na marxe esquerda da estrada de algo máis de 400 metros, cunha anchura de 2 metros e separada da calzada por un bordo, para reforzar a seguridade viaria e favorecer os desprazamentos a pé dos veciños

24/05/22 | 13:12  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

Ethel Vázquez anuncia que o Hospital Naval terá a finais do verán o dobre de prazas de estacionamento grazas a un investimento da Xunta de 662.000 €, no marco da renovación da sanidade pública de Ferrol

Habilitaranse 3 novas zonas de estacionamento: unha no norte, contigua ao actual aparcadoiro; outra no sur; e outra na marxe esquerda do viario perimetral

23/05/22 | 13:06  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

Ethel Vázquez avanza que a finais de ano comezarán as obras de saneamento do río Lameira de Marín, cun investimento de 3,3 M€ para mellorar a calidade das augas da ría de Pontevedra

Mellorarase a rede de saneamento na contorna do río, reducindo a entrada de augas brancas e regulando a derivación de caudal á depuradora en tempo de chuvia

22/05/22 | 14:43  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta recibe 11 ofertas para executar as sendas na Medorra e Paiseo, no Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz, cun investimento de 1 M€

Intervirase na marxe esquerda da estrada OU-101, nas zonas que carecen de espazo para o tránsito de peóns, ofrecendo unha importante mellora da seguridade viaria e da mobilidade aos veciños destes tres municipios, ao tempo que revalorizan a zona

22/05/22 | 13:38  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta adxudica por máis de 750.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga

Actuarase en 2 km para eliminar un treito de concentración de accidentes, renovaranse 5 interseccións no tramo que vai do lugar do Vinquiño ao inicio da parroquia de San Tomé de Gondar, e construirase unha glorieta no cruce co Camiño ao Santo

21/05/22 | 12:12  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta recibe 11 ofertas para executar as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil na parroquia de Santo André de Xeve, en Pontevedra

Trátase dunha actuación integral nas estradas PO-223 e PO-224 que suporá un investimento autonómico de máis de 2,2 M€ e favorecerá unha contorna escolar segura, froito da colaboración con STOP Accidentes e do diálogo co CEIP Santo André de Xeve

21/05/22 | 12:04  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta colaborará co Concello de Riotorto na execución da 2ª fase do saneamento da parroquia de Galegos, cun investimento de preto de 50.000 €

O obxectivo é dotar de saneamento as vivendas de Galegos que carecen deste servizo, as situadas ao sur da igrexa, porque as restantes xa se conectaron nunha 1ª fase

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: