Actualidade
Buscador de novas
A Xunta celebra a posta en marcha da nova oficina de emprego de Cangas para seguir casando oferta e demanda na procura dun mercado laboral de calidade
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, destacou que -con case 1,2 M€ de investimento- a nova infraestrutura permitirá dar resposta ás necesidades dos concellos de Cangas, Moaña e Bueu aos que presta servizo
Rivo salienta a importancia do Polo de Coristanco para xerar emprendemento e fixar poboación no rural
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou a oficina coa que se está a impulsar o emprendemento na comarca e a súa contorna
Últimos días para que persoas desempregadas soliciten participar nunha nova lanzadeira de emprego na Coruña e orientar de xeito gratuíto a súa demanda
‘Lanzadeira de emprego nómada’ é un programa en liña que se pon en marcha na Coruña o próximo abril e ten o prazo de solicitude vixente ata o 29 de marzo
Rivo pon en valor as persoas e entidades galardoadas cos Premios Mulleres Femupo 2024 polo seu labor a prol da igualdade na provincia de Pontevedra
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no acto de entrega dos catro galardóns que concedeu a Federación pola igualdade das mulleres da provincia de Pontevedra polo seu labor en distintos ámbitos
Lorenzana resalta a política económica da Xunta como activo para que Galicia capte investimento exterior
Apunta que en 2023 Galicia se situou como a oitava comunidade autónoma que máis investimento foráneo rexistrou, 416,3M€, un 132 por cento máis que o ano anterior
O Sergas publica as puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición para o ingreso nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería
Superaron a fase de oposición do proceso selectivo un total de 3.708 aspirantes na categoría de persoal de servizos xerais, e 7.553 na categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería
Rivo destaca a formación como chave para o acceso ao emprego no peche na Laracha dunha acción que formou 15 persoas desempregadas en atención a dependentes
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións participou na entrega de diplomas desta iniciativa que ofreceu 468 horas de formación
A Xunta salienta que ou 62 % dous 160 proxectos atendidos non Polo de emprendemento do Porriño están impulsados por mulleres
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no evento ‘Xestión financeira para persoas emprendedoras’ organizado desde o Polo porriñés
Xunta e Federacións de Mulleres Rurais de Galicia asinan os convenios para facilitar a acreditación da experiencia laboral no coidado de menores de 16 anos
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, firmou hoxe os documentos de colaboración con Femuro, Fademur, Femupo e Afammer Lugo, unha actuación á que se destinan 400.000 euros
A Xunta e o Clúster de Turismo visibilizan as novas alternativas de emprendemento neste sector para xerar oportunidades de negocio innovadoras
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada Innovación emprendedora no sector turístico organizada polo Polo de Melide en colaboración co Clúster