Actualidade
Conde destaca que a fábrica de fibras téxtiles de Altri vai ser un polo dinamizador da economía local de Palas de Rei e de toda a provincia de Lugo
Avanza que a Xunta xa solicitou formalmente por carta unha reunión coa vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, para identificar os instrumentos de apoio e financiamento no marco dos fondos europeos
A Xunta achega as liñas de apoio á I+D+i ás empresas de enxeñaría e tecnoloxía
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nun almorzo organizado pola Asociación Clúster de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos de Galicia (Ageinco)
A estrela Michelín Lucía Freitas presenta os produtos Galicia Calidade ao alumnado do IES Sanxillao de Lugo
Un total de 25 estudantes de primeiro curso dos estudos de Cociña e Gastronomía e de Dirección de Cociña colaboraron coa recoñecida cociñeira nun obradoiro da Aula Gastronómica Galicia Calidade
A Xunta achega ao tecido empresarial de Vigo os programas e liñas de actuación en marcha para afrontar o escenario actual e mellorar a súa competitividade
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios de Pontevedra sobre os fondos europeos Next Generation onde destacou a importancia do Perte do naval para o futuro deste sector
Completadas as prazas para que os centros educativos galegos participen nas actividades da Aula Newton en Tecnópole
Son 21 experiencias formativas que se ofrecen ata xuño na primeira Aula Newton permanente en España e, polo momento, a única
A Xunta ponse a disposición da nova directiva da Federación de Comercio de Pontevedra para cooperar no impulso á competitividade do sector
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na presentación do novo proxecto da entidade tras a elección como presidente de Iván Iglesias
A Xunta sinala que o Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC difundirá as vantaxes da aplicación destas tecnoloxías en todo o tecido empresarial
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, participou hoxe na Coruña no inicio das obras deste edificio, que funcionará como unha xanela única para o sector
O programa Renove automoción apoia a adquisición de máis de 1500 vehículos por parte de particulares
Esgotado o crédito destinado a persoas físicas, tras a ampliación realizada o mes pasado
A Xunta asegura que a fábrica de fibras téxtiles será un revulsivo para favorecer a dixitalización da industria forestal e os novos usos da madeira
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, mantiveron xunto co conselleiro delegado de Altri, Jose Soares, e a directora xeral da Sociedade Impulsa Galicia, Enyd López, un encontro co sector forestal galego sobre este proxecto que se celebrou na Cidade da Cultura
Galicia continúa a crear emprego cun 3,19% máis de afiliacións á Seguridade Social e acada a cifra de paro máis baixa desde o ano 2008
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, destacou hoxe a boa evolución do paro no mes de abril no que se rexistraron máis cotizacións e menos desemprego na evolución anual e mensual