Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 536 novas da C. de Infraestruturas e Mobilidade :
13/05/22 | 19:27  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta pide o esforzo dos concellos na adopción de medidas de aforro e no uso responsable da auga ante a situación de prealerta por seca na Demarcación Galicia-Costa

A Oficina Técnica da Seca acordou o pasado venres manter o estado de prealerta ao empeorar os índices en toda a Demarcación, pero sen chegar aos limiares previstos para a declaración do estado de alerta

13/05/22 | 19:19  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta licita as obras de saneamento na contorna do río Lameira en Marín, que suporán un investimento de 3,3 M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe a licitación desta intervención, cun prazo de presentación de ofertas que rematará o vindeiro 14 de xuño

13/05/22 | 12:16  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta recibe as ofertas de 9 empresas para executar a rehabilitación do firme de tres estradas da zona sur de Lugo, cun investimento de 1,5 M€

Melloraranse as estradas autonómicas LU-617, LU-611 e LU-603 ao seu paso por Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Bóveda

13/05/22 | 11:06  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Infraestruturas e Mobilidade

Trenor anuncia un investimento de 2,6 M€ nas obras de reforzo de firme na estrada AC-550 no treito que une Noia con Ribeira

O delegado da Xunta destacou que a Xunta ten comprometidos máis de 8,6 millóns de euros no ámbito das infraestruturas para mellorar a calidade de vida dos veciños de Noia, Lousame, Outes, Ribeira e Porto do Son

12/05/22 | 14:31  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta recibe as ofertas de 6 empresas para a mellora do firme en seis estradas autonómicas de Pontevedra e do Salnés, que suporá un investimento de 1,3 M€

Intervirase na PO-300 ao seu paso por Meis, Cambados, Vilanova e Ribadumia; na PO-309 en Poio; na PO-312 e na PO-316 en dous treitos do Grove; na PO-308 en Sanxenxo; e na PO-531 en Pontevedra

12/05/22 | 14:03  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta somete a información pública o cambio de clasificación da variante de Aradas, en Santiago, para adaptala á actividade económica e urbanística da contorna

O cambio de categoría é coherente coa funcionalidade da estrada e permite reducir a súa liña límite de edificación aos 15 metros, fronte aos 50 metros actuais, sen mudar a configuración da vía

12/05/22 | 12:43  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta recibe 5 ofertas para a instalación de 43 novas marquesiñas de autobús nas estradas autonómicas das catro provincias, cun investimento de máis de 250.000 €

Os novos refuxios instalaranse en estradas da rede viaria da Xunta ao seu paso por 32 municipios

11/05/22 | 14:34  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta recibe 7 ofertas de empresas para executar a senda que unirá A Casilla, O Araño e Burés, no Concello de Rianxo, cun investimento de máis de 500.000 €

Executarase o itinerario pola marxe dereita desta vía autonómica, coa finalidade de fomentar a mobilidade alternativa e acadar unha diminución do tráfico rodado motorizado diario que actualmente existe entre os núcleos de Burés e A Casilla

11/05/22 | 13:31  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta recibe 17 ofertas para executar as obras de mellora do saneamento do núcleo urbano de Lalín, que que suporán un investimento de máis de 6,7 M€

Trátase de aumentar a capacidade dos colectores das marxes do río Pontiñas e de executar un tanque de retención que mellore o funcionamento do saneamento en tempo de chuvias e evitando vertidos

11/05/22 | 13:28  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

Ethel Vázquez salienta que as obras do Centro Integral de Saúde de Lugo acadan o 70% de execución e rematarán este ano, cun investimento da Xunta de 12 M€

Un total de 50 operarios avanza a un ritmo intenso na execución deste equipamento, no que se pode visualizar xa a imaxe case final da fachada principal

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: