Actualidade
A Xunta sinala que o Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC difundirá as vantaxes da aplicación destas tecnoloxías en todo o tecido empresarial
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, participou hoxe na Coruña no inicio das obras deste edificio, que funcionará como unha xanela única para o sector
O programa Renove automoción apoia a adquisición de máis de 1500 vehículos por parte de particulares
Esgotado o crédito destinado a persoas físicas, tras a ampliación realizada o mes pasado
A Xunta asegura que a fábrica de fibras téxtiles será un revulsivo para favorecer a dixitalización da industria forestal e os novos usos da madeira
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, mantiveron xunto co conselleiro delegado de Altri, Jose Soares, e a directora xeral da Sociedade Impulsa Galicia, Enyd López, un encontro co sector forestal galego sobre este proxecto que se celebrou na Cidade da Cultura
Galicia continúa a crear emprego cun 3,19% máis de afiliacións á Seguridade Social e acada a cifra de paro máis baixa desde o ano 2008
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, destacou hoxe a boa evolución do paro no mes de abril no que se rexistraron máis cotizacións e menos desemprego na evolución anual e mensual
A Xunta busca atraer 14 novos profesionais de alta cualificación para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i en Galicia
O programa Talento Sénior, cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro luns, 9 de maio, conta nesta quinta edición cun orzamento de 960.000 euros e está dirixido a empresas, organismos de investigación e centros tecnolóxicos
Conde aborda cos estudantes do colexio Maior San Agustín os retos de futuro aos que se enfronta Galicia
A Xunta ve na biofábrica de fibras téxtiles un proxecto que contribuirá á transformación industrial ao xerar valor en toda a cadea forestal de Lugo e Galicia
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron esta mañá xunto co conselleiro delegado de Altri, Jose Soares, e a directora xeral da Sociedade Impulsa Galicia, Enyd López, nun encontro informativo
A Xunta destaca a importancia de Galicia TurisTIC como polo tecnolóxico capaz de impulsar a dixitalización do sector, crear emprego de calidade e reter talento
O director do Igape, Fernando Guldrís, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asisten á inauguración das instalacións do novo Centro de Servizos Avanzados en Vilagarcía de Arousa
Un sistema automatizado para a medición da calidade da auga é a primeira solución con vehículos non tripulados que a Xunta pon en marcha para mellorar a prestación dos servizos públicos galegos
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde; e a conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana; asistiron hoxe no porto de Muros a unha demostración do funcionamento deste novo servizo que permite realizar mostraxes en augas marítimas costeiras e en encoros
A Xunta apoia a renovación de electrodomésticos en máis de 13.500 fogares galegos
O programa Galicia Renova Electrodomésticos esgotou o orzamento previsto -2 millóns de euros- e xa conta con varias solicitudes en lista de agarda