Actualidade
O investimento en tecnoloxía das empresas galegas crece máis dun 19 % nun ano
En 2021 o tecido empresarial galego destinou 545 millóns de euros á tecnoloxía, 88 millóns de euros máis que no ano anterior
O reto #CaminaenDigital fai que 700 persoas maiores de toda España percorran 65.000 km. empregando ferramentas dixitais
A participación no Reto, organizado desde a Rede CeMIT de Galicia como membros da asociación Somos Digital, impulsou a moitas das 704 participantes a facer o que nunca fixeran: empregar dispositivos dixitais para medir os seus pasos e facer e enviar fotografías e vídeos
O Porto de Vigo acolle unha proba para o uso de aeronaves non tripuladas e intelixencia artificial para a vixilancia
O proxecto, desenvolvido por Orange, Gradiant e Ericsson, enmárcase no plan 5G para o desenvolvemento desta tecnoloxía en Galicia
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CON MOTIVO DO DÍA DE INTERNET 2022
A Xunta e a Fundación Vodafone recoñecen cos premios Superreto Digicraft aos centros educativos Javier Sensat de Vigo e Virxe da Cela de Monfero
A directora da Amtega e o secretario xeral de Educación, e a directora da Fundación Vodafone entregan os galardóns da segunda edición do Superreto DigiCraft no marco do I Congreso Innova Dixital da Xunta
Comezan os grupos de traballo para poñer en marcha as actuacións do Proxecto Stellae 5.0 para a xestión do patrimonio dixital vinculado ao Camiño
Dixitalización, desenvolvemento dunha infraestrutura TIC propia, creación de contidos culturais, formación e emprendemento, son os eixos do proxecto que abordaron os focus group ao longo desta semana
As redes de formación dixital españolas promoven dende Galicia a inclusión tecnolóxica das persoas maiores
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acolle a presentación das actividades do Día de Internet en España 2022, dedicado ás “Tecnoloxías dixitais para as persoas maiores e o envellecemento saudable”
O traballo conxunto da Xunta e as universidades sitúa a Galicia á vangarda europea na análise sobre o marco ético e normativo para a intelixencia artificial
A Xunta e o Centro Cripotolóxico Nacional inician a segunda edición do Curso Superior de Ciberseguridade para empregados públicos das diferentes administracións
Desde hoxe e ata o 23 de xuño impartiranse máis de 100 horas lectivas para profesionais do ámbito tecnolóxico da administración autonómica, concellos e universidades
A Xunta investirá máis de 5,3 millóns de euros en dotar de equipamento as aulas CeMIT para facilitar a capacitación dixital da cidadanía
No marco do Plan de Reforma e ampliación da Rede a Axencia vén de licitar un acordo marco para a compra de ordenadores all-in-one, pantallas interactivas, sistemas de videoconferencia, tablets, libros electrónicos, complementos audiovisuais e complementos inclusivos para persoas con discapacidade