Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca o compromiso do Goberno autonómico coas empresas agroalimentarias que apostan pola dinamización do rural dun xeito sostible e innovador
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitou hoxe as instalacións da firma Orballo no concello de Paderne, dedicadas á produción de té ecolóxico
A Xunta inicia os traballos da parcelaria de Cristimil, en Lalín, que suporán a reestruturación de 456 hectáreas de 234 veciños
Despois da fase de decreto, van comezar agora os primeiros labores de levantamento topográfico e obtención dos planos parcelarios, así como da preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria, cun investimento de 162.000 euros
A Xunta destina 279.000 euros en axudas para a incorporación de novos agricultores aos réximes de calidade
Estas achegas, de carácter anual, apostan por favorecer que os titulares de explotacións agrarias se incorporen aos réximes de calidade representados polas DO, as IXP ou a produción ecolóxica
O DOG publica a convocatoria de 2024 das axudas para os programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores, dotadas con 339.000 euros
Esta liña de axudas vai dirixida a financiar actuacións de mellora e control da calidade e o orixe relacionadas coa implantación e desenvolvemento deste tipo de iniciativas para produtos agroalimentarios galegos con algún indicativo
A Xunta e a Deputación de Ourense destinarán 320.000 € ás obras de mellora do Camiño da Armada, en Xinzo de Limia, que comezarán a vindeira semana
José González destacou que, con esta actuación, a Xunta investiu preto de 10 millóns de euros nos últimos anos para mellorar as infraestruturas viarias e de regadío desta bisbarra ourens
A Xunta reactiva dende hoxe as comunicacións para levar a cabo queimas agrícolas de particulares
Os interesados deberán confirmar na súa comunicación que efectuarán unha queima de palla ou material natural non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas ou gandeiras; e no caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono
O DOG publica a convocatoria de 2024 das axudas para a reestruturación e reconversión de viñedo en Galicia dotada con 4 M€
Estas subvencións teñen como finalidade incrementar a competitividade das explotacións vitivinícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e facelo ambientalmente máis sutentable
A Xunta lembra que o prazo das axudas para a mellora da xestión activa das masas consolidadas de frondosas autóctonas está aberto ata o 8 de abril
O Goberno galego publicou recentemente no DOG a ampliación da dotación orzamentaria destas achegas ata os case 2 M€, así como do prazo de presentación de solicitudes
A Xunta aposta por sumar esforzos coas comunidades cantábricas e as organizacións agrarias e cooperativas galegas a prol da adaptación da PAC á realidade da España húmida
José González destacou o importante traballo desenvolvido polo Goberno autonómico galego na procura de consensos para demandar con máis forza medidas fundamentais para o futuro do sector primario, arredor de políticas estatais e comunitarias