Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 745 novas da área temática Agricultura e gandería:

18/04/2024 | 18:00 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Fegamp apostan por seguir avanzando na colaboración institucional para reforzar a loita “planificada e conxunta” fronte á velutina

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, afirmou que a loita contra esta especie “é cousa de todos” e avogou por “seguir potenciando a coordinación entre todos os sectores implicados”

18/04/2024 | 13:49 | C. do Medio Rural

A Xunta e produtores traballan na optimización do cultivo da pataca de calidade, con formacións en Coristanco e Xinzo

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou esta mañá na apertura desta xornada no concello coruñés, enmarcada nas accións formativas organizadas pola Consellería do Medio Rural

17/04/2024 | 11:43 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola innovación como panca de mobilización do rural galego

María José Gómez salientou que o concepto de territorio rural intelixente implica unha aposta polo progreso e por un futuro sustentable, que é o que -sinalou- “estamos empeñados en fomentar dende a Xunta de Galicia”

15/04/2024 | 16:31 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 600.000 euros para compra de maquinaria agrícola das cooperativas de Lalín

O delegado territorial visitou a Cooperativa Gandeiros do Deza, que recibiu unha achega de máis de 100.000 euros

13/04/2024 | 11:08 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que os viños galegos con Denominación de Orixe lideran en prezos o mercado nacional

Un estudo elaborado pola consultora Nielsen confirma que os viños galegos ocupan o primeiro lugar en prezos no mercado español, tanto na canle de hostalaría como na de alimentación

12/04/2024 | 11:10 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca a oitava edición dos premios Exceleite ás mellores explotacións de vacún de leite de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural

11/04/2024 | 14:56 | C. do Medio Rural

A Xunta informa aos veciños interesados na parcelaria de Galegos, no concello pontevedrés de Lalín, que abrangue unha superficie de 431 hectáreas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, avanzou os traballos que se desenvolverán para poñer en marcha esta iniciativa, que suporá a reestruturación de 2.308 parcelas propiedade de 187 titulares