Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 71 novas da área temática Enerxía :
16/05/23 | 15:48  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta avanza no desenvolvemento da futura Lei de recursos naturais co obxectivo de que naza froito do consenso e a participación

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, reuniuse hoxe co Comité Executivo de Enerxía do Consello Galego de Economía e Competitividade para informar do anteproxecto de lei

12/05/23 | 12:13  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na depuradora de Nigrán

Os traballos, adxudicados por preto de 50.000 €, incluirán a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo

12/05/23 | 11:26  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta destaca a importancia de contar con empresas comprometidas e con capacidade de adaptación como Astilleros Placeres

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá a empresa que, tras o incendio sufrido en 2019, ampliou as instalacións apostando pola sustentabilidade e as enerxías renovables

11/05/23 | 15:51  | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta convocará en maio por máis de 43,1 M€ tres programas de axudas para impulsar a rehabilitación enerxética de vivendas e edificios residenciais

Rueda resalta que a previsión é impulsar actuacións para facer máis eficientes e reducir os consumos de enerxía de ao redor de 12.500 vivendas, fronte ás 6.700 da anterior convocatoria

11/05/23 | 15:46  | A Presidencia da Xunta; Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

Rueda anuncia que a Xunta somete a información pública o Anteproxecto de lei de recursos naturais

Subliña que o obxectivo é lograr “que os froitos do aproveitamento dos nosos recursos revertan en Galicia”

09/05/23 | 12:35  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

Mañá abre a convocatoria para solicitar as axudas da Xunta de ata 1 M€ por proxecto para fomentar o aforro e a eficiencia enerxética nas empresas galegas

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, estivo esta mañá no Porriño nas instalacións da empresa Grupimar, un exemplo de aposta pola redución do consumo enerxético

04/05/23 | 16:17  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta e Asime colaboran no impulso da cadea de valor industrial da eólica mariña en Galicia

As dúas entidades asinarán un convenio, cun investimento de 62.000 euros, para a realización de actividades de promoción, difusión e divulgación dunha eólica offshore compatible co medio natural e as actividades vinculadas ao mar

04/05/23 | 11:18  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre a convocatoria de axudas para a integración das enerxías renovables na actividade dos concellos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se establecen os criterios de distribución do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local para apoiar a creación e desenvolvemento de comunidades enerxéticas municipais

26/04/23 | 16:58  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta avoga por aproveitar a oportunidade da transición enerxética para promover un desenvolvemento eólico compatible co medio natural e que xere efectos económicos positivos

O Goberno galego vén de conceder a autorización administrativa previa e de construción de 75 proxectos eólicos, convertendo Galicia na primeira Comunidade que o logra para proxectos vinculados ao fito do 25 de xaneiro

19/04/23 | 15:15  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta informa ás empresas de Ferrolterra das axudas de eficiencia enerxética para aloxamentos turísticos dotadas de 7,8 M€

Estas achegas de Turismo de Galicia están orientadas a financiar actuacións de eficiencia enerxética en edificios completos como hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues e apartamentos turísticos construídos con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2007

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: