Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 171 novas da área temática Forestal :
19/05/23 | 16:10  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta publica no DOG a nova encomenda á empresa pública Seaga do control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas, cun investimento de case 3 M€

Este contrato, cunha vixencia de 24 meses, dálle continuidade aos programas de limpeza das marxes das vías autonómicas que se veñen executando nos últimos anos

19/05/23 | 12:40  | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Rebordechán

Segundo as últimas medicións, o lume -que se iniciou en tres focos- afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas

17/05/23 | 12:07  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta avalía co sector forestal a mellora da xestión preventiva dos riscos no traballo

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, mantivo unha xuntanza coa Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo (Lugomadera)

17/05/23 | 11:01  | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola cooperación público-privada para fomentar o I+D+i no sector forestal e procurar destinos industriais de alto valor engadido para os seus recursos

O director da Axencia Galega da Industria Forestal vén de coñecer o traballo en I+D+i que o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial está a desenvolver para pór en valor os recursos forestais, apostando pola colaboración en futuros proxectos

15/05/23 | 15:21  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza un simulacro de incendio forestal para ensaiar o sistema operativo de emerxencias na provincia da Coruña

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participaron esta mañá no desenvolvemento do exercicio con activación da situación 2 por risco para as vivendas próximas ao lume

13/05/23 | 17:03  | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

Segundo as últimas medicións, o lume afectou a 1,1 hectáreas, das cales 0,5 foron de monte raso e 0,6 de arborado dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

13/05/23 | 14:50  | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta ao redor dunha hectárea de superficie dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

11/05/23 | 16:20  | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a bioeconomía circular e o coidado dos bosques con sesións de contacontos infantís no CIF de Lourizán

A iniciativa nace dun convenio entre o Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a Federación Empresarial de Aserraderos y Rematantes de Madera de Galicia, que se enmarca no proxecto Árbores que dan vida

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: