Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 495 novas da área temática Pesca:

19/04/2024 | 17:04 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca a innovación e sustentabilidade como os mellores piares nos que sustentar a actividade pesqueira do futuro

O titular de Mar sinalou a extracción de algas como exemplo do esforzo do sector pesqueiro galego de diversificar a súa produción ampliando a súa oferta de produtos poñendo en valor a variedade e riqueza dos alimentos que ofrecen as rías galegas

19/04/2024 | 10:50 | C. do Mar

Portos de Galicia outorga concesións para a xestión de lonxa ás confrarías de Moaña, Pontedeume, Ribadeo, Noia e Vilaxoán

As taxas que terán que abonar pola ocupación do solo portuario polos edificios das rulas contan cunha bonificación do 90 %

18/04/2024 | 16:31 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca o papel do Igafa na formación de profesionais no ámbito dos cultivos mariños e como provedor de semente para o sector

Nestas instalacións contan con 1,5 millóns de unidades de ameixa babosa en tamaño larvario, outros 2 millóns que superan o milímetro que se suman as 10.000 unidades que serán entregadas proximamente ás confrarías da zona

18/04/2024 | 13:45 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta promocionará a calidade diferenciada dos produtos alimentarios galegos da man de preto de 60 empresas no Salón Gourmets de Madrid

O Goberno autonómico, coa súa presenza en eventos deste tipo, reforza o seu compromiso pola posta en valor destes produtos

15/04/2024 | 11:35 | C. do Mar

Portos de Galicia licita por máis de 650.000 euros as obras de rehabilitación e mellora do peirao mexilloeiro de Moaña

Os traballos permitirán reconstruír o peirao recuperando a liña de atracada ao longo de toda a estrutura 

12/04/2024 | 14:11 | C. do Mar

Portos de Galicia licita por máis de 1,4 millóns de euros as obras de remodelación e ampliación da lonxa de Tragove, en Cambados

Os traballos permitirán dotar ao edificio dunha nova zona para a limpeza de caixas, a preparación do peixe e cámaras de frío e conxelación