Actualidade
Buscador de novas
A Xunta porá este verán á disposición dos veciños de Curtis a 1ª fase da mellora integral da travesía de Teixeiro, cun investimento de 1,3 M€
A reforma desenvólvese ao longo de case 1 km en dúas zonas: na propia estrada AC-231 e no camiño do Centro Etnográfico
A Xunta licita o contrato de explotación e mantemento da depuradora municipal de Cambados, cun orzamento de máis de 610.000 euros
A planta trata as augas residuais dos concellos de Cambados e de Vilanova de Arousa
A Xunta licita por máis de 1 M€ as obras que completan a mellora da PO-234 entre Cerdedo–Cotobade e Ponte Caldelas
Trátase de actuar na vía entre Laxoso e o cruce do Portasouto, incluíndo a mellora dos itinerarios peonís, da calzada e dos seus elementos para reforzar a seguridade viaria
A Xunta adxudica por máis de 1,2 M€ as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable de Noia
As actuacións, cun prazo de execución de 6 meses, permitirán modernizar a planta e ampliar a capacidade actual da potabilizadora para servir ata 24.000 habitantes
A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación do proxecto de adaptación medioambiental da central hidroeléctrica de Portodiz, no río Furelos, nos concellos de Santiso e de Melide
O obxectivo é executar as actuacións necesarias no salto para permitir o remonte dos peixes para favorecer a súa reprodución
A Xunta adxudica por máis de 3,1 M€ as obras que completarán a mellora integral da estrada PO-235 ao paso polo concello da Lama
Trátase da execución da 3ª fase de acondicionamento desta vía autonómica ao longo de case 7 quilómetros, desde a parroquia de Seixido ata A Portela da Cruz, no límite coa provincia de Ourense, mellorando a circulación e facilitando os desprazamentos
A Xunta conclúe a 1ª fase de mellora da seguridade viaria e da mobilidade na estrada OU-402 na Arnoia tras un investimento de case 900.000 euros
Actuouse nun treito de 1,5 km da vía para dotalo de beirarrúas, de beiravías e de zona para peóns, permitindo desprazamentos máis cómodos e seguros a todos os usuarios
A Xunta adxudica por 846.000 euros as obras da nova glorieta no Val e da conexión co polígono de Río do Pozo, no concello de Narón
A intervención mellorará a mobilidade no Val substituíndo a actual intersección en cruz por unha rotonda de 32 metros de diámetro no cruce da AC-116 coa vía da deputación
A Xunta pon en servizo 35 novas prazas de aparcamento no marco da 2ª fase de humanización da avenida de Galicia de Vigo
O pasado venres habilitouse un aparcadoiro con 22 prazas e hoxe prevese abrir parcialmente o segundo, con outras 13 prazas á disposición dos veciños
A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos de catro ríos ao seu paso polos concellos de Ribadumia, de Cambados e de Vilanova de Arousa
Os traballos estanse a desenvolver no río Umia, no rego do Sisto, no rego de Lobeira e nun río innominado, nos seus percorridos polas distintas parroquias destes tres municipios da comarca do Salnés