Actualidade
A Xunta participa no nomeamento dos novos membros da Confraría Europea da Vela (CEV) para promover o coidado e a posta en valor dos recursos mariños
O director de Turismo de Galicia e o delegado territorial da Xunta en Lugo participaron no acto solemne que tivo lugar hoxe en Monforte de Lemos.
A Xunta participa na presentación en Madrid da serie “A Lareira-La Resistencia Musical”, rodada na Illa de San Simón
O proxecto conta co apoio de Turismo de Galicia co obxectivo de poñer en valor o proceso creativo musical e seguir apostando polo turismo cultural e musical en Galicia
A Xunta participa no homenaxe con motivo do 20º aniversario da posta en marcha da Aquae Querquennae – vía nova en Bande
O director de Turismo de Galicia puxo en valor os enormes recursos culturais, patrimoniais e turísticos que fan de Bande e, en concreto do espazo de Porto Quintela, un tesouro único en Galicia.
Rueda destaca a desestacionalización do Camiño de Santiago e o aumento de peregrinos estranxeiros durante este 2023
Salienta que ata finais de agosto entregáronse 310.000 compostelas, máis que no mesmo período de 2022 que foi ano Xacobeo e no que se bateron récords históricos
A campaña dos trens turísticos de Galicia acada unha mención especial nos premios internacionais “Rail Tourism Awards”
O recoñecemento entregarase o vindeiro 3 de outubro no Festival Mundial do Pasaxeiro que se celebra en Viena
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da nova edición do programa Outono Gastronómico no turismo rural
Un total de 79 establecementos turísticos das catro provincias participan na iniciativa desestacionalizadora, que se celebrará entre o 15 de setembro e o 17 de decembro
A Xunta defende o modelo turístico galego actual como un paradigma de éxito que permitiu poñer a Galicia de moda
O director de Turismo de Galicia compareceu no Parlamento poñendo en valor os resultados acadados e avanzando que a Xunta traballa xa na seguinte folla de ruta para o turismo galegos nos vindeiros anos.
A Xunta presenta unha nova edición do programa 'Outono Gastronómico' con 79 casas rurais adheridas
Baiona acolleu a presentación da 17ª edición deste programa turístico que oferta menús especiais que combina gastronomía galega e estadías en aloxamentos de turismo rural.
A Xunta inviste máis de 1,5 M€ no Salnés en axudas para mellorar as infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento
O delegado territorial visitou o Hotel Puente de la Toja, que recibiu máis de 33.700 euros para mellorar as súas instalacións
A Xunta participa na presentación do festival Revenidas 2023 que terá lugar a vindeira semana en Vilaxoán
Xosé Merelles destacou que os festivais en Galicia están sendo un puntal na recuperación tanto do sector cultural como do turístico, xa que o turismo de festivais está gañando cada vez máis público en Galicia