Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

18/04/2024 | 17:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor na feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade de Vigo a prol do emprendemento

José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial entre a comunidade universitaria, con feiras ou premios ao emprendemento

18/04/2024 | 11:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta aos empresarios do Porriño a cuarta edición do programa Responsabilízate para impulsar a Responsabilidade Social en 200 pemes galegas

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, lembrou que a iniciativa, que brinda asesoramento gratuíto, se atopa en fase de captación de empresas

17/04/2024 | 14:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza un espazo web que reunirá todos os recursos para impulsar o emprendemento en Galicia

José González puxo en valor a Rede de polos que, con 13 centros en Galicia, xa asesorou ao redor de 1.600 novos proxectos empresariais en menos dous anos

15/04/2024 | 14:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta activa unha nova edición do Bono Activa Comercio dotada con 2,5 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a quinta edición desta iniciativa, que permitirá mobilizar 12 M€ en compras nos establecementos de proximidade

12/04/2024 | 14:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o seu apoio ao emprendemento de base tecnolóxica na clausura dun encontro internacional de xoves emprendedores na USC

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou na clausura e entrega de premios do encontro EIJE 2024

12/04/2024 | 12:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Rueda defende o compromiso e responsabilidade do sector empresarial galego na procura do ben común e do progreso de Galicia

Garante que a Xunta traballará “cóbado con cóbadocos empresarios para facilitar proxectos que “movan a economía”

11/04/2024 | 16:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo o emprendemento xuvenil como chave na dinamización da economía polo impacto social e sustentable dos seus proxectos

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou na inauguración do 10º Encontro internacional de xoves emprendedores EIJE 2024 organizado pola Universidade de Santiago de Compostela

11/04/2024 | 15:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inicia o seu VI Plan de formación para o persoal dos centros de atención a mulleres e vítimas de violencia de xénero de Galicia

Trátase do primeiro plan que se vai desenvolver en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP) co gallo de dar unha mellor resposta ás demandas das persoas traballadoras dos Centros de Información á Muller (CIM) 

10/04/2024 | 19:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo pon en valor o programa autonómico ‘Emprego sen etiquetas’ que incide na necesidade de rachar cos prexuízos de xénero na elección dunha profesión

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou en Ourense nunha nova xornada desta iniciativa organizada pola Xunta para impulsar a presenza feminina en sectores onde tradicionalmente predominan os homes

10/04/2024 | 15:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta estudará a colaboración de emprendedores sénior coa Rede autonómica de polos para reforzar o asesoramento que presta da man de expertos

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, clausurou o acto do 30 aniversario de Secot-Galicia, unha entidade que ofrece asesoramento ás persoas emprendedoras a través do voluntariado sénior