Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 156 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

19/03/2024 | 14:52 | Secretaría Xeral de Emigración

O número de emigrantes galegos diminúe en 2.861, mentres se incrementou o número de descendentes nados no exterior, sumando un total de 534.972

O aumento de cidadáns galegos residentes no estranxeiro ten a súa base na descendencia dos galegos nados xa no seu país de destino

12/02/2024 | 10:53 | Secretaría Xeral de Emigración

O Programa Escolas Abertas continúa facilitando aos galegos do exterior o acceso a nosa cultura a través das actividades dirixidas aos docentes das entidades galegas na diáspora

Este programa ten coma obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais ou cociña galega

06/02/2024 | 10:58 | Secretaría Xeral de Emigración

O programa “Merlo”, apoiado por Emigración, abre mañá, día 7, o seu prazo de inscrición co obxectivo de mentorizar a 90 emprendedores galegos retornados

Esta iniciativa, que chega así a súa cuarta edición, busca apoiar e acompañar aos galegos retornados no desenvolvemento e consolidación dos seus emprendementos

05/02/2024 | 15:07 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración incrementa as axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior ata chegar aos 635.000 euros

A convocatoria deste ano distribúese en dous programas, un destinado a obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio, outro para a mellora de dotacións e equipamento de carácter inventariable e tamén o de carácter cultural
 

29/01/2024 | 12:06 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración abre o prazo de solicitude das axudas extraordinarias para as familias retornadas que este ano contan cun orzamento de 2 M€

Estas axudas extraordinarias, que se incrementan nun 18%, están dirixidas a que as familias poidan afrontar os gastos excepcionais que supón asentarse na comunidade

22/01/2024 | 15:04 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración
16/01/2024 | 14:03 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta destina 1,35 M€ para axudar co funcionamento dos centros galegos do exterior e o desenvolvemento das actividades sociais o culturais

O Goberno galego publica hoxe no DOG esta convocatoria que apoia tamén accións de especial relevancia, proxectos culturais, sociais e accións pola xuventude

09/01/2024 | 11:48 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración abre unha nova convocatoria de 250 bolsas BEME de máster en Galicia para mozos galegos residentes no exterior

As axudas, que sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, aumentan en 500 euros, ata acadar bolsas de entre 8.000 e 12.500 euros, en función da duración do mestrado e o continente de procedencia do beneficiario

05/01/2024 | 12:25 | Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta busca reforzar e impulsar os programas de acceso ao emprego dos galegos retornados

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral de Emigración analizaron nunha reunión os programas desenvolvidos no ano 2023, tanto de apoio ao emprendemento como de acompañamento na busca de emprego por conta allea

25/12/2023 | 10:20 | Secretaría Xeral de Emigración

Arranca a nova oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas da Secretaría Xeral de Emigración cofinanciada polo Fondo Social Europeo (programa FSE+)

Esta oficina móbil, que complementará ás xa existentes oficinas permanentes, ofrecerá unha ampla gama de servizos