Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 46 novas da área temática Conservación da natureza :
03/06/22 | 14:44  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta activará este verán un visor dixital con máis de medio cento de rutas ciclistas cartografadas ao detalle e descargables

Ángeles Vázquez enmarca o proxecto no auxe experimentado por este deporte nos últimos anos e como unha boa forma de facilitarlle aos cidadáns a posibilidade de coñecer a paisaxe de Galicia desde unha perspectiva diferente e sostible

31/05/22 | 14:28  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta lanza unha nova edición da campaña 'Camiño da reciclaxe', que este ano chegará a 208 albergues galegos e incorpora a ruta portuguesa da costa

Ángeles Vázquez anima aos peregrinos a facer que este Xacobeo sexa tamén un ano “de récord” no que respecta aos datos de reciclaxe de residuos nos ecoalbergues

27/05/22 | 13:27  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta advirte de que o prazo imposto polo Goberno central para implantar o contedor marrón nos concellos de máis de 5.000 habitantes é inasumible

Ángeles Vázquez subliña que mentres as entidades locais de toda a UE terán ata o 31 de decembro de 2023 para introducir a recollida da fracción orgánica, a nova Lei de residuos estatal reduce este prazo en ano e medio e prevé multas de ata 100.000 €

24/05/22 | 15:01  | A Presidencia da Xunta

Gabriel Alén participa na solta dun miñato na Serra da Enciña da Lastra para conmemorar o Día dos parques

O delegado territorial quixo pór en valor a importante diversidade biolóxica e paisaxística dos tres parques naturais da provincia

20/05/22 | 15:24  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta duplica o orzamento destinado ao Ceida para consolidar a súa posición de referencia no eido da educación ambiental

Ángeles Vázquez felicita á entidade por repetir un ano máis como centro azul, en recoñecemento ao seu “excelente labor” de divulgación e concienciación social

20/05/22 | 13:47  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta recibe máis de 300 solicitudes de axudas para proxectos de restauración e mellora en Rede Natura e prevé esgotar os 2,4 M€ do orzamento dispoñible

A convocatoria, dirixida a concellos, titulares de terreos agrícolas e forestais e asociacións ambientais, ten como fin apoiar iniciativas para preservar a biodiversidade e mellorar as paisaxes rurais tradicionais dentro destas zonas

19/05/22 | 12:42  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León piden á Unión Europea que escoite a súa postura sobre o lobo

O conselleiro cántabro do ramo, en representación das catro comunidades lobeiras, trasladou esta semana o problema aos comisarios europeos de Medio Ambiente e de Agricultura, propoñendo unha reunión urxente e presencial cos catro territorios

18/05/22 | 13:39  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta destinará máis de 110.000 € a recuperar a vexetación de ribeira e mellorar o remonte da fauna piscícola nos ríos Lor, Lóuzara e Maior

A intervención enmárcase no proxecto Mil Ríos, financiado con fondos europeos e que busca optimizar a resposta de 50 canles fluviais galegas ante o cambio climático

15/05/22 | 11:21  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

As Illas Atlánticas será un dos tres parques nacionais que acollerá a iniciativa económica de integración social 'Empleaverde'

Este proxecto, no que tamén participan Doñana e Monfragüe, consiste na formación, apoio e inserción laboral de persoas desempregadas co fin de ofrecerlles unha saída laboral relacionada coa conservación da natureza

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: