Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 83 novas da área temática Cooperación:

17/04/2024 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta estreita lazos con Ucraína nun encontro co seu embaixador en España, Serhii Pohoreltsev

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo unha xuntanza co representante diplomático ucraíno, onde lle trasladou o interese de Galicia pola situación do país e a intención de fortalecer as relacións entre ambos os territorios

08/04/2024 | 11:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora do local social da asociación de veciños viguesa Monte da Mina de Castrelos cunha achega de 12.000 €

A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións para comprobar as obras de reparación na cuberta do salón de actos

19/03/2024 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia colaboran a prol da accesibilidade nos actos institucionais

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, e o presidente da FAXPG, Iker Sertucha, asinaron hoxe o acordo para dotar de medios de interpretación os eventos que se realicen ao longo deste ano

14/03/2024 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz destaca a importancia da doazón e o traballo de Adrovi para sensibilizar á poboación no Día Mundial do Ril

A delegada da Xunta participou nos actos organizados pola Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo con motivo do Día  Mundial do Ril

12/03/2024 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento aproba o seu Plan anual 2024

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, presidiu a reunión do Congacode, na que tamén se fixo balance do plan de 2023 que foi executado ao 100%

01/03/2024 | 13:48 | C. de Sanidade
29/02/2024 | 15:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo do premio de relato curto ‘Nortear’ para obras escritas en galego ou portugués

Dotada con 3.000 euros, a iniciativa está impulsada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa CCDR-Norte I.P

29/02/2024 | 11:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o concello de Ribeira avalían iniciativas de cooperación para dinamizar a industria no municipio

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo un encontro co alcalde do municipio coruñés, Luís Pérez, no que se valoraron diferentes actuacións para mellorar a dispoñibilidade de solo empresarial na comarca do Barbanza

28/02/2024 | 11:45 | C. de Facenda e Administración Pública

O Nodo CIBER.gal consolida en Galicia un ecosistema de ciberseguridade que integra ás administracións, empresas, universidades e institucións de referencia

A Memoria anual correspondente a 2023 destaca a incorporación de 10 novas grandes empresas e a organización e coordinación de actividades de concienciación, capacitación, fomento do talento, servizos de ciberseguridade a administracións públicas e impulso do sector TIC

24/02/2024 | 17:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o labor dos 8.000 galegos que participaron na construción da Canle de Panamá e a súa contribución ao desenvolvemento do país

O Goberno galego destaca a importancia de recoñecer o legado e esforzo destes traballadores que axudaron a executar unha infraestrutura singular que cambiou o transporte marítimo internacional, un feito pouco coñecido na comunidade galega