Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 171 novas da área temática Forestal :
11/05/23 | 15:21  | C. do Medio Rural

A Xunta realiza diversas actuacións preventivas nos montes do distrito IV - Barbanza

As accións nestes montes do distrito forestal IV - Barbanza consistiron na roza de faixas auxiliares e da plataforma de pistas forestais na localidade de Padrón

05/05/23 | 10:59  | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a convocatoria dunha nova poxa pública electrónica de madeira que se celebrará proximamente en Lugo

En total serán 89 lotes de madeira por 4,5 millóns de euros os que sairán a poxa o vindeiro 21 de xuño
 

02/05/23 | 10:20  | C. do Medio Rural

A Xunta incorpora desde mañá preto de 1.000 traballadores de seis meses ao operativo de prevención e extinción de incendios forestais

Esta incorporación faise efectiva todos os anos antes da chegada do verán, de acordo coas necesidades de programación e planificación

01/05/23 | 11:26  | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor no País Vasco o sector forestal galego no marco do proxecto Eguralt

Trátase de impulsar a aplicación e difusión da innovación para a promoción da construción en altura con madeira no espazo Sudoe, que abarca seis rexións en España, Portugal e Francia

28/04/23 | 20:01  | C. do Medio Rural

A Xunta informa en Cerdido das oportunidades dos novos mercados de carbono

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou hoxe nun relatorio organizado pola Asociación de Produtores de Madeira de Cerdido (Promacer)

25/04/23 | 12:31  | C. do Medio Rural

A Xunta crea un equipo multidisciplinar especializado en grandes incendios forestais no marco do Pladiga 2023

José González destacou a creación desta unidade, que estará reforzada con tres novas brigadas públicas helitransportadas que estarán operativas todo o ano e por medios materiais como case unha vintena de motobombas e máis dunha ducia de batracios novos
 

25/04/23 | 10:35  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta inicia en Pontevedra unha programación de cursos de formación en prevención de riscos laborais no sector forestal

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán acollerá a partir de mañá unha acción formativa de carácter práctico centrada na gamificación, unha actuación que chegará a Mondoñedo a principios de maio
 

24/04/23 | 14:48  | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na implantación dun pasteiro no monte Cabadas, en Cartelle, para impulsar o aumento da base territorial das explotacións e a anticipación aos incendios

José Balseiros e os veciños visitaron a zona na que se prevé a creación deste pasto de preto de 20 hectáreas

23/04/23 | 13:52  | C. do Medio Rural

A Xunta executou traballos preventivos en montes do distrito forestal XII Miño-Arnoia

A finalidade destas actuacións é xestionar a biomasa en áreas declaradas de alto risco de incendios forestais para así protexer e defender os montes contra os lumes

20/04/23 | 15:23  | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

O Goberno galego inicia a tramitación do anteproxecto de Lei de loita integral contra os incendios forestais situando a xestión do territorio como medida de prevención fundamental

Rueda explicou que vai “actualizar” a normativa vixente que conta con máis de 16 anos e que busca “aportar unha nova visión global da loita contra o lume”, froito da experiencia acumulada e das achegas de expertos

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: