Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 149 novas da área temática Igualdade :
02/06/22 | 11:40  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta avanza na elaboración do I Plan Galego contra a Trata, que estará vixente ata o 2025

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia onde informou que o Plan referendará o compromiso que a Xunta xa ten para coas vítimas desta lacra e na sensibilización contra a mesma

01/06/22 | 12:16  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta renova os convenios de colaboración coas tres universidades galegas para loitar nas aulas contra a desigualdade e a violencia de xénero

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina un total de 120.000 euros aos tres acordos de colaboración, un investimento que se enmarca nos fondos e actuacións do Pacto de Estado

O acordo permitirá levar a cabo accións de formación permanente a docentes en prevención da violencia de xénero e a realización de campañas que teñan como público obxectivo a mocidade

31/05/22 | 11:38  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta anima aos 219 concellos que forman parte da rede contra a violencia de xénero a constituír mesas de coordinación local para loitar contra esta lacra

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á xuntanza da mesa de coordinación de Soutomaior, na que destacou a capacidade destes órganos para dar resposta áxil ás vítimas e optimizar o uso dos recursos dos que dispoñen

30/05/22 | 13:09  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta sinala en Outeiro de Rei a importancia da coordinación entre institucións para a identificación precoz dos casos de violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á xuntanza da mesa de coordinación contra a violencia de xénero da localidade lucense

25/05/22 | 17:50  | A Presidencia da Xunta; C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Rueda destaca un investimento de 6,7 M€ para impulsar a conciliación das familias con menores de 16 anos ao seu cargo en Concellos, Anpas e entidades de iniciativa social

A iniciativa enmárcase dentro do Plan Corresponsables e ten como obxectivo que entidades locais, de iniciativa social e asociacións de nais e pais promovan servizos de coidado en dependencias públicas e domicilios para a atención das mozas e mozos

25/05/22 | 10:54  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta incide en Culleredo na importancia de promover campañas para reforzar a incorporación da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na xornada técnica Igualdade, prevención de riscos laborais e perspectiva de xénero

25/05/22 | 10:40  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Lorenzana aposta por incorporar a perspectiva de xénero no punto de partida de todas as políticas co reto de consolidar a xeración da igualdade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe en Santiago de Compostela a xornada A incorporación da perspectiva de xénero ao réxime e ás actividades do sector público local

24/05/22 | 11:36  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta reforza a loita contra a violencia de xénero nas comunidades de veciños e contornas laborais

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou dous convenios de colaboración co Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia (Coafga) e coa Asociación galega de auditores socio-laborais (Agaxen)

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: