Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca o papel da Mostra do Encaixe como exemplo de actualización dos oficios artesanais tradicionais
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na inauguración da edición número 33 deste evento que se celebra en Camariñas ata o día 31 de marzo e que constitúe un escaparate do encaixe e da súa vinculación con outros ámbitos entre os que destaca o da moda
Turismo de Galicia comeza en Valdeorras a promoción da nova edición da "Primavera de portas abertas" nas rutas dos viños, que se celebrará en maio
Desde esta fin de semana organízanse viaxes de familiarización para unha vintena de bloggers e instagramers de enogastronomía e viaxes que suman 1 millón de seguidores
A Xunta remata a restauración da Igrexa de San Miguel de Riofrío en Mondariz
A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, visita o resultado dos traballos executados polo Goberno galego ao abeiro dun convenio coa Diocese de Tui-Vigo
A Xunta publicará mañá no DOG a incoación para declarar Ben de Interese Cultural os murais de Lugrís na rúa Olmos da Coruña
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades inicia así o procedemento para outorgarlle a máxima protección ao conxunto mural logo de recibir os informes realizados polo Concello da Coruña
O Parque Nacional das Illas Atlánticas oferta 130 prazas para realizar visitas guiadas nos catro arquipélagos esta primavera
A través do programa Descubrindo o Parque Nacional, a Xunta ofrece un total de sete rutas de temática histórica e ambiental durante os meses de febreiro, marzo e abril
A Xunta recoñece o Entroido galego como Ben de Interese Cultural, a máxima protección patrimonial
O conselleiro de Cultura informa nunha reunión con representantes de varios entroidos de que o DOG publicará a vindeira semana a incoación do expediente
A Xunta impulsa seis cursos de formación para potenciar a remuda xeracional nos oficios artesanais
A Fundación Artesanía de Galicia inicia o seu programa formativo de 2024 con seis cursos especializados na ourivería, na tapicería, no tecido, na marroquinería, na costura e na tornería de madeira que se desenvolverán ata abril
A Xunta de Galicia volve licitar a restauración da basílica de Santa María A Maior
Os traballos permitirán renovar os sistemas de evacuación da choiva, substituír o soporte da cuberta e reformar a fachada