03/02/21 | 12:43 | C. do Mar; Vicepresidencia segunda e C. de Economía, Empresa e Innovación A Xunta apoia a candidatura aos fondos europeos do proxecto de mobilidade sustentable Green Bay para a electrificación do transporte marítimo
O vicepresidente económico, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron en Vigo na presentación desta iniciativa que interrelaciona os sectores da automoción, o naval e o pesqueiro