Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 391 novas da C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda :
23/11/22 | 20:03  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta urxe ao Goberno central unha solución para o fenómeno das ocupacións, que afecta en Galicia xa a unha vivenda cada dous días

Ángeles Vázquez aposta por un marco xurídico duradeiro, eficaz e definido que endureza as penas por ocupar ilegalmente un inmoble, garanta axilidade nos desaloxos e outorgue ás comunidades de veciños o dereito a actuar ante a Xustiza

23/11/22 | 17:59  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta rexeita o borrador do Plan estratéxico do patrimonio natural ao considerar que propón medidas pouco realistas e inviables

Subliña que Galicia xa te unha Lei de patrimonio natural, aprobada en 2019, completa e eficaz para preservar a biodiversidade e non pode subscribir un documento que non ten en conta os taxons ameazados ou a dispoñibilidade de medios humanos e materiais

23/11/22 | 15:58  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia colaboran para facer máis accesibles as visitas aos parques naturais con intérpretes de signos

A Federación apoiará á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cun servizo de intérprete de lingua de signos tanto nos actos e eventos de carácter institucional como nas visitas guiadas de grupos a estes espazos naturais

23/11/22 | 15:24  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta concede 800.000 € en axudas para apoiar os concellos no seu compromiso co ‘Fermosismo’

O Concello de Ares está a acometer a rehabilitación da antiga escola unitaria e dun lavadoiro na parroquia de Lubre, ao abeiro dunha achega da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a corrección de impactos paisaxísticos

23/11/22 | 12:33  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta propón repartir 33 M€ entre os concellos que se acolleron ao programa de rehabilitación de barrios para poder atender todas as solicitudes

O Instituto Galego da Vivenda e Solo traslada ás entidades locais a distribución provisional dos fondos solicitados, que triplica os 11,48 M€ asignados inicialmente
 

22/11/22 | 17:11  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta comparte na comunidade valenciana a súa experiencia na xestión da disciplina urbanística

O director da APLU incide na necesidade de complementar as funcións de inspección, reposición e sanción con actuacións relativas á divulgación, formación, asesoramento e concienciación

22/11/22 | 13:25  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta destina máis de 190.000 € a licitar o Plan estruturante da ampliación do polígono de Santa Comba, o primeiro de toda Galicia

Ángeles Vázquez subliña que grazas a esta figura, introducida pola Lei de áreas empresariais que entrou en vigor o 10 de novembro, gáñase flexibilidade e axilízase a tramitación de novas implantacións empresariais adaptándoas a cada momento

22/11/22 | 13:21  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta amplía en máis de 777.000 € o orzamento de dúas ordes de axudas para compra de vivenda co fin de atender o maior número de solicitudes

Increméntanse os fondos destinados a subvencionar a adquisición en concellos de menos de 10.000 habitantes e en centros históricos

21/11/22 | 17:29  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta e o concello de Sober investirán máis de 170.000 € na mellora e posta en valor do espazo público que leva á igrexa de San Xiao de Lobios

As obras enmárcanse no plan Hurbe, impulsado en 2010 para apoiar ás entidades locais en proxectos que melloren as condicións e a calidade de vida da súa veciñanza, cun total de 85 actuacións comprometidas só na provincia de Lugo desde entón

21/11/22 | 14:06  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta salienta que a base topográfica urbana galega servirá de modelo para elaborar a cartografía do resto do territorio español neste eido

As bases topográficas do territorio son o produto cartográfico máis importante para a xestión do territorio

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: