Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina 350.000 euros á promoción da lingua galega nas entidades locais
A convocatoria de axudas está dirixida a apoiar a creación, o reforzamento e o mantemento dos servizos lingüísticos, así como as programacións municipais de dinamización lingüística
O festival “Alguén que respira!” arranca a súa sétima edición arredor do Día Mundial da Poesía
Desenvolverase en Compostela do 21 ao 23 de marzo e reunirá a figuras culturais como María do Cebreiro, Abe Rábade, Guadi Galego, Su Garrido ou Alfonso Armada, este último responsable da lectura do manifesto
A facultade de Filoloxía acolle ata o 18 de abril unha exposición que visibiliza o legado das mulleres na literatura universal
O secretario xeral de Política Lingüística participa na inauguración da mostra ‘8 libros 8 mulleres que cambiaron o mundo’, que conta co apoio da Xunta
A Xunta convoca as probas para obter os certificados de lingua galega Celga nos seus catro niveis
As solicitudes presentaranse preferiblemente a través da sede electrónica ata o 5 de abril
Rueda destaca que a futura Rede Adival de dinamización cultural no eido rural vai beneficiar a dous millóns de galegos
Salienta que a rede se constituirá como unha asociación voluntaria para promover a colaboración entre entidades e administracións e a previsión é que estea constituída este ano
A Xunta enxalza o legado do filólogo negreirés Xosé Luís Pensado no centenario do seu nacemento
O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura do simposio organizado polo Centro Ramón Piñeiro que conmemora a vida do escritor
A Xunta destaca a importancia de fomentar a literatura infantil e xuvenil en lingua galega
O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura do Seminario Internacional Investigación e Crítica na Literatura Infantil e Xuvenil (2004-2024)
Galicia acolle por primeira vez o congreso PROPOR, o máis importante do mundo en procesamento da lingua portuguesa
O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura oficial deste encontro que incorpora como principal novidade o galego, presente a través de numerosos traballos centrados no procesamento automático da nosa lingua
Máis de mil estudantes de lingua galega danse cita en Cacabelos para celebrar o Día do Galego no Bierzo
O secretario xeral de Política Lingüística participa nas XVI Xornadas Martín Sarmiento, nas que se entrega a IV edición do Premio Morales