Actualidade
A Xunta trasládalle ao concello de Lugo o inicio da tramitación urbanística da estación de autobuses intermodal, cun investimento autonómico de 13,6 M€
A Xunta tramitará o proxecto da nova estación de autobuses e do aparcadoiro subterráneo a través da Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese, que permitirá acurtar os prazos do procedemento
A Xunta amplía en case 7,6 M€ o crédito das axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías
O prazo de presentación de solicitudes segue aberto nos mesmos termos establecidos na convocatoria inicial
A Xunta concedeu 164.000 euros a 20 taxistas lucenses para comprar vehículos accesibles e de baixas emisións
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que está aberta unha nova convocatoria desta liña de axudas, que busca incentivar a adquisición de taxis adaptados para persoas con mobilidade reducida e pouco contaminantes
A Xunta somete a información pública o proxecto de mellora de 40 paradas de autobús en estradas autonómicas, nas rutas de acceso a Ourense, que suporá un investimento de máis de 1 M€
As obras levaranse a cabo nas paradas situadas en vías autonómicas ao paso polos concellos de Barbadás, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Castro Caldelas, Coles, Esgos, Larouco, Laza, Maceda, Ourense, Petín, A Rúa, Verín e Viana do Bolo
A Xunta somete a información pública a mellora de 64 paradas de autobús en 10 concellos das comarcas de Santiago e de Bergantiños-Costa da Morte
Trenor informou que esta intervención suporá un investimento autonómico de 2,7 millóns de euros
A Xunta concede axudas a 9 asociacións profesionais e empresariais para a formación no eido do transporte por estrada cun investimento de preto de 450.000 €
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas subvencións cuxo obxectivo é mellorar as capacidades dos profesionais do sector en materia de seguridade viaria ou de manipulación de mercadorías perigosas
A Xunta somete a información pública a mellora de 66 paradas de autobús nos concellos de Vedra, Dodro, Padrón, Rois, Santiago e Teo
O delegado do Goberno galego na Coruña, Gonzalo Trenor, informou que esta intervención suporá un investimento autonómico de 1,8 millóns de euros
Rueda avanza a autorización do convenio para desenvolver a estación intermodal de Lugo, que suporá un investimento global de case 50 M€
Apela que as novas infraestruturas “veñan acompañadas dunha modernización das conexións ferroviarias con Lugo”
A Xunta manterá o desconto do 50% nos autobuses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol a partir do vindeiro 1 de xaneiro
O Consello da Xunta xa adoptou a semana pasada a decisión de manter a rebaixa do 50% no transporte público autonómico sempre e canto o Goberno central mantivese o desconto estatal
A Xunta impulsa a mobilidade sostible con 476.000 € en axudas para a adquisición de 952 bicicletas eléctricas na provincia de Pontevedra
O delegado territorial, Luis López, informou do balance desta convocatoria do programa EBici en Motor Bike Pontevedra, un dos 130 establecementos galegos adheridos a esta iniciativa