Actualidade
Buscador de novas
Ethel Vázquez destaca que o retraso dos trens AVRIL supón para Vigo 20.000 prazas menos á semana, 70.000€ máis ao día e 20 minutos máis en cada viaxe a Madrid
Vázquez Mourelle critica que a conexión con Madrid está lastrada polo retraso dos trens Avril, en espera desde 2022 e sen información oficial sobre a previsión da súa chegada
A Xunta sinala que Galicia se sitúa na vangarda da descarbonización do transporte marítimo con proxectos como o de Nervión e Bar Technologies
A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, visitou no porto exterior de Punta Langosteira o buque Pyxis Ocean, pioneiro na utilización do sistema de velas ríxidas WindWings
A Xunta exixe ao Ministerio de Transportes a creación dun grupo de traballo con Talgo para facer seguimento dos trens Avril e abordar as compensacións aos galegos
O Goberno galego considera necesario que se expliquen oficialmente os motivos polos que o 1 de marzo non se puxeron á venda os billetes dos trens Avril, como anunciara o propio ministro, e que se ofreza un calendario real sobre as probas e a formación dos maquinistas
A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas da Arribada en Baiona para facilitar os desprazamentos
Durante os días 2 e 3 de marzo increméntanse os horarios dos servizos de transporte público da Xunta de ida e volta da conexión Vigo-Nigrán-Baiona
Rueda advirte dun “balance preocupante” no estado de execución das infraestruturas e servizos ferroviarios comprometidos polo Goberno central en Galicia
Asegura que así o constata un informe sobre esta materia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade avaliado hoxe no Consello da Xunta
Os descontos do 50 % no transporte público autonómico bonificaron xa máis de 25 millóns de viaxes, o 78 % dos desprazamentos
A Xunta vén aplicando desde o 1 de setembro de 2022 a máxima bonificación no transporte público de titularidade autonómica, incrementando nun 20 % a axuda estatal do 30 %
A Xunta avalía as modificacións da planificación da rede de transporte e a necesidade dun procedemento áxil para o nó de Meirama
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou no Comité Executivo de Enerxía do Consello Galego de Economía e Competitividade
A Xunta adxudica a mellora da drenaxe da estrada autonómica AC-960 en Camporrapado, no concello de Boqueixón
Esta obra, adxudicada por un importe de 48.000 €, comezará nas vindeiras semanas
A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada OU-531 entre Xinzo de Limia e Cortegada
Continuarán as tarefas en marcha na autovía AG-64, en Narón e San Sadurniño; ou na vía de altas prestacións CG-2.1, ao paso por Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao