Actualidade
Rueda felicita aos máis de 400 nenos da iniciativa Escola en Camiño por espallar os valores da ruta xacobea e aprender a aventura que significa camiñar a Galicia
A Xunta reclama ao Concello celeridade para autorizar a visita técnica da produtora de Muse a Balaídos
Tras a autorización municipal á petición do Real Club Celta, a promotora propón realizar unha visita este xoves ao estadio
A editorial Mundiediciones presenta a edición en galego de ‘Crónica dun peregrino singular’ co apoio da Xunta
A obra foi editada no marco do Xacobeo 21-22 e coa colaboración da Academia Xacobea
A Xunta inicia os concertos multitudinarios do Xacobeo coa presentación do 'Portamérica' na azucreira de Portas
O delegado territorial, Luis López, a comisaria do Plan Xacobeo, Cecilia Pereira, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participaron hoxe na posta de longo do festival, que terá lugar do 2 ao 4 de xuño
A Xunta convoca o XXIII Premio Elías Valiña, que incrementa este ano a súa contía para reforzar o recoñecemento das entidades do Camiño de Santiago
O galardón, que pasa a estar dotado con 15.000 euros, está dirixido a asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que protexen a Ruta Xacobea
A Xunta achega a Vigo a beleza e a historia do Camiño Portugués a través dunha exposición con imaxes de 42 fotógrafos do último século e medio
Tras congregar máis de de 21.000 visitantes na Cidade da Cultura de Galicia, ‘O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra’ poderá visitarse no Museo do Mar de Galicia ata o vindeiro 4 de setembro dentro do programa de itinerancias
Fernández-Tapias destaca a dimensión internacional da alianza do Xacobeo e a 52 Super Series Baiona Sailing Week
O Monte Real Club de Yates acollerá aos nove equipos que debutarán na contorna do Parque Nacional das Illas Cíes na que está considerada unha das competicións máis importantes do mundo xunto á Copa América e a Volvo Ocean Race
A representante autonómica emprazou ás tripulacións participantes a converterse en embaixadoras do Camiño e a riqueza de Galicia nos seus países de orixe
A sinalización do Camiño Portugués suma xa preto de 300 establecementos ao seu paso pola cidade de Vigo
Marta Fernández-Tapias participou este venres na instalación da sinalética oficial en comercios tras recibir 107 novas peticións para participar na iniciativa
A Xunta participa na posta en valor do Camiño de Inverno cunha intervención artística nunha alvariza
Este proxecto, que se desenvolverá entre o 23 de maio e o 3 de xuño, abordará a pegada da ruta xacobea na contorna do municipio de Quiroga cunha proposta artística da artista Lucía Loren, onde as alvarizas se interpretan como vestixios do patrimonio material e inmaterial
Un grupo de 250 peregrinos da provincia de Lugo completan o seu camiño a Santiago de Compostela
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu hoxe na Praza do Obradoiro aos peregrinos e destacou o auxe do Camiño con máis de 60.000 Compostelas no que vai de ano