Actualidade
O DOG publica hoxe o decreto da zona de concentración parcelaria de Escornabois, no concello de Trasmiras, que prevé reorganizar case 300 hectáreas de terreo
Este proceso declárase mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción
A Xunta habilita desde o día 3 de abril unha nova liña de autobús para mellorar as conexións entre O Morrazo e os hospitais de Vigo
O novo servizo, demandado polo persoal dos hospitais, prevé dúas expedicións nos horarios de maior demanda, de luns a venres: unha de ida, desde a estación de autobuses de Cangas ás 6,40 horas e outra de volta desde o Álvaro Cunqueiro ás 15,15
A Xunta publica a aprobación do proxecto do aparcadoiro disuasorio para o fomento do vehículo compartido de San Xoán, no concello de Ferrol
As obras licitáronse este pasado venres por 615.000 € e as empresas interesadas dispoñen ata o 20 de abril para presentar as súas ofertas, co obxectivo de iniciar os traballos este ano
A Xunta adquire 3 inmobles en Ferrol por case 200.000 € para rehabilitalos e destinalos a vivendas protexidas
Ángeles Vázquez subliña que Ferrol é o municipio no que o Goberno galego comprou máis edificios e solares ao abeiro do programa Rexurbe
Luis López destaca a aposta da Xunta polo emprego na comarca de Caldas na súa visita ao obradoiro Os Camiños do Camiño III
O delegado territorial en Pontevedra animou os 20 alumnos-traballadores, distribuídos nos módulos de Albanelería e Xardinaría-Forestal, a aproveitar esta oportunidade formativa para aprender un oficio e dotarse de máis oportunidades de futuro no mercado laboral
O 061 de Galicia asistiu 48 persoas por 35 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 24 de marzo ata as 23,59 horas do domingo, 26 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 40 chamadas por accidentes de tráfico
O conselleiro de Sanidade visita o inicio das obras de reforma do centro de saúde de San Amaro (Ourense)
Xunta e Concello renovarán a cuberta e os aseos do centro de saúde deste municipio
A Xunta destina 850.000 € aos 15 concellos da contorna de Pontevedra ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución da Consellería do Medio Rural nunha visita de supervisión ás obras realizadas coa anterior convocatoria no viario A Bouza-Urxeira, no Concello de Poio, xunto ao alcalde, Luciano Sobral
A Xunta imparte a través da Agasp un curso de loita contra incendios en buques atracados en porto
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe os 40 participantes nesta formación dirixida a efectivos de servizos de extinción de incendios e salvamento, servizos municipais de protección civil e grupos de emerxencias supramunicipais
O Sergas publica os aspirantes seleccionados no concurso oposición de 23 categorías de persoal estatutario
Resultaron seleccionados un total de 675 profesionais, que en breve se incorporarán ao cadro de persoal fixo do Sistema Público de Saúde de Galicia