Actualidade
Gabriel Alén destaca a achega de case 1,3 M€ da xunta a 43 concellos da provincia de Ourense ao abeiro da orde de infraestruturas turísticas
Gabriel Alén lembrou que a Xunta destina nesta nova edición 3 millóns de euros (1 M€ en 2022) a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora nas súas infraestruturas turísticas
O delegado territorial de Pontevedra visita a mellora subvencionada pola Xunta do aserradeiro de Os Carranos, en Covelo
Reguera lembrou o esforzo da Xunta por impulsar aqueles atractivos turísticos menos coñecidos pero con un gran potencial na súa contorna
Remata a exposición Iacobus Gaudet no Museo de Arte Sacro de Querétaro en México con gran afluencia de público
A exposición baséase na creación artística do fotógrafo galego, Manuel Valcárcel, que percorreu as rutas do Camiños de Santiago para captar a experiencia da peregrinación en 45 fotografías e un vídeo
Os trens turísticos de Galicia acadan xa o 80 % de ocupación nas 11 rutas ofertadas por toda a xeografía galega
Este ano 2023, as rutas das camelias en flor e Experiencia Museo Estrella Galicia na Coruña, acadaron o 100 % de ocupación
A Xunta rehabilitará a casa do Legoeiro na Ponte Romana de Ourense que albergará a oficina de turismo e un espazo de exposicións
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, indicou que a obra conta cun orzamento de 287.936 euros e dará comezo proximamente coa previsión que estea rematada nos primeiros meses do ano que vén
A exposición 'Os camiños de Elías Valiña' peregrina ata Sarria para poñer en valor o traballo do cura do Cebreiro
O concello natal do gran revalorizador e estudoso do Camiño de Santiago, responsable da súa sinalización con frechas amarelas, acolle esta mostra didáctica na súa oficina de turismo
A Xunta destaca a posición de vantaxe de Galicia como destino para as competicións náuticas de primeiro nivel
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participaron na entrega de premios da 60ª Regata Rías Baixas que hoxe rematou en Vigo
O Faro de Corrubedo acolle esta fin de semana os dous últimos concertos do festival Mar Aberto, concertos na fin da terra
Aínda quedan entradas para o sábado, 19 e o domingo, 20, data en que pechará esta edición a representante española deste ano de Eurovisión Blanca Paloma
A Xunta pon en valor a importancia do polbo e do rol das polbeiras co gallo da LXI Festa do Pulpo do Carballiño
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e o conselleiro de Medio Rural, José González, acompañados do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiron hoxe ao evento declarado de Interese Turístico Internacional o pasado ano
O legado romano e a enogastronomía centran a VIII Bacofesta da Rúa co director de Turismo, Xosé Merelles, como pregoeiro
A celebración, que se desenvolve desde hoxe e ata o domingo, lembra o pasado romano da vila ao tempo que exalta as elaboracións desta denominación de orixe