Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 46 novas da área temática Conservación da natureza :
30/04/22 | 13:37  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta colaborará coa Obra Social de Abanca na recollida de residuos mariños na illa de Sálvora no marco da segunda edición do proxecto Plancton

O ano pasado, nas actuacións de limpeza desenvolvidas en distintas zonas costeiras, principalmente da comarca de Arousa, recolléronse 19 toneladas de lixo

27/04/22 | 13:40  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta declara as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro, en Mesía, espazo privado de interese local, o primeiro na provincia da Coruña

Ao mesmo tempo tamén aproba as normas de xestión e conservación, ás que o promotor destinará case 35.000 euros nos próximos cinco anos para manter a biodiversidade deste espazo de 74,5 hectáreas

27/04/22 | 11:52  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta logra que o Goberno central compute a poboación de Ons e Cíes no reparto das axudas para actuacións na área de influencia do Parque Nacional

Este axuste poboacional xa se estaba aplicando no caso dos Picos de Europa e Galicia levaba tempo reclamando que se tivera en conta tamén nas Illas Atlánticas

26/04/22 | 12:43  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta inicia a tramitación para dotar á Reserva de Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês dun plan de xestión propio

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda comezou esta semana o proceso de participación pública desta ferramenta para equilibrar os usos e a conservación dos valores deste espazo natural

12/04/22 | 13:14  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta investirá 450.000 € no río Lérez para mellorar os hábitats fluviais, suprimir barreiras para os peixes migradores e retirar especies invasoras da ribeira

A intervención enmárcase no proxecto Mil Ríos, financiado con fondos europeos e que busca optimizar a resposta de 50 canles fluviais galegas ante o cambio climático

11/04/22 | 12:56  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta comezará en maio a restauración ecolóxica da duna de Morouzos e da senda litoral de Luama en Ortigueira, cun investimento de máis de 280.000 €

Anuncia que esta actuación será complementaria á que se executará no río Mera para eliminar en ambas marxes especies exóticas invasoras

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: