Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 154 novas da área temática Deporte :
14/10/22 | 18:37  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pide ao Goberno central aumentar a colaboración no funcionamento do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou hoxe o centro xunto ao secretario de Estado para o Deporte, José Manuel Franco, a quen tamén lle agradeceu o destino de fondos europeos a obras nestas instalacións

14/10/22 | 17:05  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa enxalza o tenis galego con embaixadores como Lourdes Domínguez, Martín de la Puente ou o ITF Júnior de Sanxenxo no que xogaron Alcaraz e Rudd

O torneo leva anos sendo un Proxecto de Especial Relevancia no convenio de colaboración que asina a Secretaría Xeral para o Deporte coa Federación Galega de Tenis e que neste 2022 ascende un 3% ata preto dos 110.000 euros

13/10/22 | 14:36  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a “capacidade organizativa” do Náutico de Vigo para converter a Semana do Atlántico na “proba de referencia para a canteira” galega da vela

A delegada da Xunta en Vigo participou este xoves na presentación do XXIII Semana do Atlántico Cidade de Vigo – Trofeo Martín Barreiro

13/10/22 | 13:23  | Axencia de Turismo de Galicia

Tres grandes mestres internacionais participan no II Torneo maxistral de xadrez O teu Xacobeo na delegación da Xunta

As partidas desenvolveranse ata o 16 de outubro, hoxe durante toda a xornada e os demais días a partir das 16,30 horas

11/10/22 | 16:30  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca a “valentía e a resiliencia” das cinco mulleres que, tras padecer cancro, ascenderán 1.754 metros en Xordania no Reto Pelayo Vida

O secretario xeral para o Deporte recibe a unha das expedicionarias, a focense Nancy Rego, e subliña o espírito de superación do deporte galego “que se ten demostrado ao longo da súa historia cos incribles resultados colleitados por deportistas que, nalgún momento, sufriron un revés na súa vida”

10/10/22 | 15:27  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os nove mundiais de Pontevedra suporán “o maior evento de loita dende Barcelona 92 e reafirmarán a Galicia como referente organizativo e deportivo”

O secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, destaca o esforzo levado a cabo polo deporte galego en xeral e pola loita en particular durante a pandemia e anima aos sete loitadores e loitadoras galegas que participarán na cita pontevedresa

09/10/22 | 19:30  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o primeiro festival de deporte urbano ‘Parrochiño urban games’ que se celebra esta fin de semana no porto de Ferrol

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, percorreu as probas e actividades deste evento de referencia no deporte urbano que contribuirá tamén á promoción turística do concello

08/10/22 | 21:00  | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca o potencial deportivo de Galicia na entrega de premios da II Edición do Circuíto de Golf Tur43

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na entrega de premios onde destacou a importancia que ten este deporte na nosa comunidade, xa que permite desestacionalizar a oferta turística e ofertar natureza e lugares non masificados

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: